Aplicar formato automático a un intervalo de celas seleccionado

Empregue a funcionalidade de formato automático para aplicar un formato rapidamente a un intervalo de celas seleccionado.

Aplicar Formato automático a un intervalo de celas seleccionado

  1. Seleccione o intervalo de celas ao que desexa aplicar o estilo de formato automático. O intervalo debe ter un mínimo de tres columnas e tres filas de tamaño.

  2. Vaia a Formato - Estilos de formato automático para abrir a caixa de diálogo Formato automático.

  3. Na lista Formato escolla o estilo de formato automático que desexe aplicar.

  4. Na sección Formato escolla as propiedades do estilo de formato automático que aplicar ao intervalo de celas seleccionado.

  5. Prema en Aceptar para aplicar o estilo de formato automático e pechar a caixa de diálogo.

Icona Nota

No caso de que a cor do contido da cela non cambie, comprobe que Ver - Realce de valores estea desactivado.


Definir un estilo de formato automático novo

  1. Nunha folla de cálculo do Calc, formate un intervalo de celas cun mínimo de 4 columnas e 4 filas para que servan como modelo para crear o novo estilo de formato automático.

  2. Seleccione o intervalo de celas formatado no paso anterior e vaia a Formato - Estilos de formato automático.

  3. Prema en Engadir.

  4. Na opción Nome da caixa de diálogo Engadir formato automático, introduza un nome para o formato novo.

  5. Prema en Aceptar e peche a caixa de diálogo.

note

Os estilos de formato automático novos creados empregado os pasos anteriores pódense aplicar a calquera ficheiro do Calc do LibreOffice. Por tanto, non están limitados ao ficheiro no que se creou o estilo.


Precisamos da súa axuda!