Axuda do LibreOffice 26.2
A función Filtro automático insire unha caixa de combinación nunha ou varias columnas de datos, e permite seleccionar os rexistros (filas) que se mostrarán.
Seleccione as columnas nas cales quere usar o Filtro automático.
Choose Data - AutoFilter. The combo box arrows are visible in the first row of the range selected.
Para executar o filtro, prema na frecha despregábel que aparece no título da columna e escolla un dos elementos.
Só se mostran as filas cuxo contido cumpra os criterios de filtrado. As demais exclúense. Observe os números de fila discontinuos para saber se as filas se filtraron. A columna que se usou no filtro é a que ten o botón de frecha dunha cor diferente.
Se non hai ningún intervalo de celas seleccionado o filtro automático aplícase á columna até a primeira cela baleira. Asegúrese de que selecciona o intervalo adecuado antes de aplicar o filtro automático.
Se o intervalo de celas se expande para incluír celas non baleiras adicionais o filtro automático axusta o intervalo do filtro automaticamente para incorporar esas celas novas.
Ao aplicar un filtro automático adicional noutra columna dun intervalo de datos filtrado, as restantes caixas de combinación só listan os datos filtrados.
Para mostrar novamente os rexistros, seleccione a entrada Todo na caixa de combinación Filtro automático. Se escolle estándar aparece a caixa de diálogo , que permite configurar un filtro estándar. Escolla «10 primeiros» para mostrar só os dez valores máis elevados.
To stop using AutoFilter, reselect all cells selected in step 1 and once again choose Data - AutoFilter.
Para asignar filtros automáticos diferentes a follas diferentes hai que definir primeiro un intervalo de base de datos en cada folla.
As función aritméticas tamén teñen en conta as celas que non son visíbeis por causa da aplicación dalgún filtro. Por exemplo, na suma dunha columna enteira totalízanse tamén os valores das celas filtradas. Aplique a función SUBTOTAL para ter en conta soamente aquelas celas que continúen sendo visíbeis despois da aplicación do filtro.