Desactivar os cambios automáticos

Por norma, o LibreOffice corrixe automaticamente moitos erros de escrita e tamén aplica formato mentres se escribe. Pódense desfacer inmediatamente os cambios que se fagan automaticamente con +Z.

A seguir móstrase a maneira de desactivar e reactivar os cambios automáticos no Calc de LibreOffice:

Completado automático de texto ou números

Ao crear unha entrada nunha cela, LibreOffice Calc ofrece automaticamente a posibilidade de repetir o contido introducido noutra cela da mesma columna. Esta función coñécese como Entrada automática.

Para activar ou desactivar a entrada automática, seleccione ou retire a marca de selección colocada diante de Ferramentas - Entrada automática.

Conversión automática a formato de data

LibreOffice Calc converte automaticamente determinadas entradas en datas. Por exemplo, a entrada 1.1 pode interpretarse como 1 de xaneiro do ano actual, segundo a configuración local do seu sistema operativo. A data móstrase despois co formato de data aplicado á cela.

Para asegurarse de que a entrada sexa interpretada como texto, engada un apóstrofo no inicio da entrada. O apóstrofo non se visualizará na cela.

Aspas substituídas por aspas personalizadas

Escolla Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática. Vaia á lapela Opcións rexionais e desmarque Substituír.

O contido da cela comeza sempre con maiúsculas

Escolla Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática. Vaia á lapela Opcións. Desmarque Por en maíscula a primeira letra de cada frase.

Substituír palabra con outra palabra

Escolla Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática. Vaia á lapela Substituír. Seleccione o par de palabras e premaEliminar.

Axúdenos, por favor!