Códigos de erro do Calc do LibreOffice

A táboa seguinte é un resumo das mensaxes de erro do Calc do LibreOffice. Se o erro se produce na cela que contén o cursor, a mensaxe de erro móstrase na Barra de estado.

Código de erro

Mensaxe

Explicación

###

ningún

A cela non é suficientemente larga para mostrar o contido.

#FMT

ningún

Este valor fica fóra dos límites válidos para este formato

#N/D

Non dispoñíbel

Non hai resultado dispoñíbel para a expresión da fórmula.

501

Carácter non válido

O carácter nunha fórmula non é válido.

502

Argumento non válido

O argumento da función non é válido. Por exemplo, un número negativo para a función RAÍZC(). Pra a raíz cadrada de valores negativos empregue IMRAÍZ().

503
#NUM!

Operación non válida en punto flotante

Un cálculo provoca un erro de capacidade excedida no intervalo de valores definido.

504

Erro na lista de parámetros

O parámetro da función non é válido, por exemplo, texto no canto dun número.

507, 508

Erro: falta un par

Falta unha paréntese. Por exemplo, hai paréntese de pechamento, mais non paréntese de abertura.

509

Falta un operador

Falta o operador, por exemplo, "=2(3+4) * ", onde falta o operador entre "2" e "(".

510

Falta unha variábel

Falta unha variábel, por exemplo, cando dous operadores están xuntos "=1+*2".

511

Falta unha variábel

A función require máis variábeis das fornecidas, por exemplo E() e OU().

512

Fórmula excedente

Compilador: o número total de tokens internos (isto é , operadores, variábeis, parénteses) da fórmula excede os 8192.

513

Cadea de caracteres excedente

Compilador: un identificador da fila excede dos 1024 caracteres (codificación UTF-16). Intérprete: un resultado dunha operación de texto excedería dos 256 millóns de caracteres (codificación UTF-16, ou sexa 512MiB).

514

Fluxo excedente interno.

Produciuse un rebordo da pilla de cálculo interna.

515

Erro de sintaxe interno

Erro descoñecido.

516

Erro interno de sintaxe

Esperábase unha matriz na serie de cálculos, mais non se pode acceder a ela.

517

Erro interno de sintaxe

Código descoñecido, por exemplo, un documento cunha función máis actual cargalo cunha versión anterior que non contén a función.

518

Erro interno de sintaxe

Non é posíbel acceder á variábel

519
#VALOR!

Ningún valor (no canto de Err:519, a cela mostra #VALOR!)

A fórmula resulta nun valor que non corresponde á definición; ou a cela referida na fórmula contén texto no canto dun número.

520

Erro interno de sintaxe

O compilador crea un código de compilación descoñecido.

521
#NULL!

Sen código ou sen intersección.

Sen código ou sen resultado.

522

Referencia circular

A fórmula refírese directa ou indirectamente a si mesma e a opción Iteracións non está configurada en - Calc do LibreOffice - Calcular.

523

O procedemento de cálculo non converxe

Falta un valor de destino da función, ou as referencias iterativas non atinxen o cambio mínimo dentro dos pasos máximos estabelecidos.

524
#REF!

Non é unha referencia válida (no cato de Err:524, a cela mostra #REF!)

Compilador: non pode determinarse o nome dunha descrición de fila ou columna. Intérprete: nunha fórmula, falta a columna, a fila ou a folla que contén unha cela á que se fai referencia.

525
#NOME?

Nomes incorrectos.

Non foi posíbel avaliar un identificador. Por exemplo, non hai ningunha referencia válida, ningún nome de función válido, ningunha etiqueta de columna/fila, ningunha macro, divisor decimal incorrecto, suplemento non encontrado.

527

Fluxo excedente interno.

Intérprete: as referencias están demasiado encapsuladas. Por exemplo, cando unha cela fai referencia a outra.

530

Engadido inexistente

Intérprete:Engadido non atopado.

531

Ningunha macro

Intérprete: Macro non atopada.

532
#DIV/0!

División por cero

O operador de división / se o denominador é 0
Hai outras funcións que devolven este erro, como por exemplo:
VARP con menos de 1 argumento
DESVESTP con menos de 1 argumento
VAR con menos de 2 argumentos
DESVEST con menos de 2 argumentos
NORMALIZAR con desviación_estándar=0
DISTNORM con desviación_estándar=0

533

Non se admiten matrices aniñadas

Por exemplo, ={1;{2}}

538

Erro: tamaño da matriz

Excedeuse do límite máximo para a ordenación (o máximo é dúas veces o número máximo de filas; polo tannto, para 1048576 filas 2097152 entradas. O mesmo erro Err:538 tamén se usa cando unha matriz temporal non pode ser asignada por causa do tamaño esixido.

539

Contido de matriz interna non admitido

Por exemplo, ={1+2}

540

Contido externo desactivado

Atopouse unha función que require (re)cargar fontes externas e o usuario aínda non confirmou que se recarguen as fontes externas.


Precisamos da súa axuda!