Fonte XML

Importar datos XML a unha folla de cálculo.

A funcionalidade Fonte XML permite importar datos dun contido XML estruturado arbitrariamente en celas dun documento de folla de cálculo existente. Permite que o contido XML se importe, sexa parcialmente ou por completo, dependendo da estrutura do contido XML e das definicións de asignación que defina o usuario. O usuario pode especificar que varias subestruturas non superpostas se asignan a diferentes posicións de cela dentro do mesmo documento. O usuario pode importar tanto contido do elemento, valores de atributo ou ambos.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Datos - Fonte XML.

From the tabbed interface:

Escolla Datos - Fonte XML.

From toolbars:

Icona Fonte XML

Fonte XML


Caixa de diálogo Fonte XML

A caixa de diálogo consta de catro partes.

Ficheiro de orixe

Isto permite especificar a ruta ao ficheiro XML que desexe importar ao documento.

Asignar ao documento

Este panel mostra a estrutura do contido do XML fonte como unha árbore. Inicialmente está baleira e énchese ao indicar o ficheiro fonte.

Cada elemento da árbore pode ser dun de tres tipos:

Un elemento non recorrente é un elemento que pode aparecer unha vez baixo o mesmo elemento pai. Está asignado a unha única cela do documento.

Un elemento recorrente é un elemento que pode aparecer varias veces baixo o mesmo elemento pai. Sirve como elemento pai que engloba unha entrada única de varias entradas. Estas entradas impórtanse nun intervalo cuxa altura é igual ao número de entradas máis unha fila de cabeceira adicional.

Cela asignada

Este campo especifica a posición dunha cela do documento á que está ligado un elemento ou atributo. Se é un elemento non recorrente ou un atributo, simplemente apunta para a cela na que se vai importar o valor do elemento ou atributo ligados. Se é un elemento recorrente, apunta para a cela superior esquerda do intervalo para onde se van importar as entradas enteiras do rexistro máis a cabeceira.

Importar

Premer o botón Importar inicia o proceso de importación baseado nas definicións da ligazón fornecidas polo usuario. A caixa de diálogo péchase unha vez rematada a importación.

Precisamos da súa axuda!