Axuda do LibreOffice 26.2
Import XML data from arbitrarily structured XML content into cells in an existing spreadsheet document.
The XML Source feature allows XML content to be imported either partially or in full, depending on the structure of the XML content and the map definitions that the user defines. The user can specify multiple non-overlapping sub-structures to be mapped to different cell positions within the same document. The user can import either element contents, attribute values or both.
A caixa de diálogo consta de catro partes.
Isto permite especificar a ruta ao ficheiro XML que desexe importar ao documento.
Este panel mostra a estrutura do contido do XML fonte como unha árbore. Inicialmente está baleira e énchese ao indicar o ficheiro fonte.
Cada elemento da árbore pode ser dun de tres tipos:
atributo, representado polo símbolo @
elemento simple non recorrente, representado polo símbolo </>, e
elemento recorrente, representado polo símbolo <//>.
Un elemento non recorrente é un elemento que pode aparecer unha vez baixo o mesmo elemento pai. Está asignado a unha única cela do documento.
Un elemento recorrente é un elemento que pode aparecer varias veces baixo o mesmo elemento pai. Sirve como elemento pai que engloba unha entrada única de varias entradas. Estas entradas impórtanse nun intervalo cuxa altura é igual ao número de entradas máis unha fila de cabeceira adicional.
Este campo especifica a posición dunha cela do documento á que está ligado un elemento ou atributo. Se é un elemento non recorrente ou un atributo, simplemente apunta para a cela na que se vai importar o valor do elemento ou atributo ligados. Se é un elemento recorrente, apunta para a cela superior esquerda do intervalo para onde se van importar as entradas enteiras do rexistro máis a cabeceira.
Premer o botón Importar inicia o proceso de importación baseado nas definicións da ligazón fornecidas polo usuario. A caixa de diálogo péchase unha vez rematada a importación.