Regression Analysis

Realiza a análise de regresión linear, logarítmica ou xeométrica dun conxunto de datos que comprenda unha variábel dependente e varias variábeis independentes.

Por exemplo, o rendemento dunha colleita (variábel dependente) pode estar relacionada co réxime de choivas, as condicións de temperatura, a luz solar, a humidade, a calidade do solo e máis, todas elas variábeis independentes.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Datos - Estatísticas - Regresión

From the tabbed interface:

Escolla Datos - Estatísticas - Regresión.

No menú Datos da lapela Datos escolla Estatísticas - Regresión.


note

Para máis información sobre a análise de regresión consulte o artigo correspondente da Wikipedia.


Datos

Intervalo das variábeis independentes (X):

Introduza un único intervalo que conteña varias observacións de variábeis independentes (ao longo das columnas ou filas). Todas as observacións de variábeis de X teñen que ser introducidas adxacentes unhas ás outras na mesma táboa.

Intervalo das variábeis independentes (Y):

Introduza o intervalo que conteña a variábel dependente cuxa regresión desexe calcular.

Ambos os intervalos X e Y teñen etiquetas

Marque para usar a primeira liña (ou columna) dos conxuntos de datos como nomes de variábel no intervalo de saída.

Resultados para:

A referencia da cela superior esquerda do intervalo no que se han mostrar os resultados.

Agrupado por

Select whether the input data has columns or rows layout.

Tipos de regresión de saída

Indique o tipo de regresión. Existen tres tipos:

Opcións

Nivel de confianza

Un valor numérico entre 0 e 1 (exclusivos), por omisión 0,95. O Calc emprega esta porcentaxe para calcular os intervalos de confianza correspondentes a cada unha das estimativas (ou sexa, as pendentes e a intersección).

Calcular residuos

Seleccione se aceptar ou non o cálculo de residuos, o que pode ser útil para os casos nos que só lle interesen as pendentes e estimativas de intersección e as súas estatísticas. Os residuos dan información sobre cando se desvían os puntos de datos reais dos puntos de datos preditos baseándose no modelo de regresión.

Forzar intersección como cero

Calcula o modelo de regresión empregando cero como intercepto, forzando así a que o modelo pase pola orixe.

Precisamos da súa axuda!