FILTROXML

Aplica unha expresión XPath a un documento XML.

XML Path Language (XPath) é unha linguaxe de consultas que emprega expresións de rutas (cunha sintaxe que non é XML) para seleccionar partes dun documento XML.

Sintaxe

FILTROXML(Documento_XML; Expresión)

Documento_XML(obrigatorio): Texto que contén un fluxo XML válido.

Expresión_XPath (obrigatorio): Texto que contén unha expresión XPath válida.

Exemplos

=FILTERXML(WEBSERVICE("wiki.documentfoundation.org/api.php?hidebots=1&days=7&limit=50&action=feedrecentchanges&feedformat=rss");"//lastBuildDate")

Returns information //lastBuildDate of the XML contents supplied by the WEBSERVICE() function.

Información técnica

Icona Suxestión

Esta función está dispoñíbel desde a versión 4.2 do LibreOffice.


Esta función NON é parte do estándar Formato Open Document para Aplicacións de Ofimática (OpenDocument), versión 1.3. Parte 4: Fórmula recalculada (OpenFormula). O espazo de nomes é

COM.MICROSOFT.FILTERXML

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!