DATAM

O resultado é unha data que está a un número de meses de distancia da data de inicio. Só se consideran meses; os días non se empregan para o cálculo.

note

Esta función é parte da norma Formato Open Document para Aplicacións de Ofimática (OpenDocument), versión 1.2 (ISO/IEC 26300:2-2015)


Sintaxe

DATAM(Data Inicial; Meses)

StartDate é a primeira data

Meses é o número de meses antes (negativo) ou despois (positivo) da data inicial.

note

Ao inserir datas como partes de fórmulas, as barras ou guións empregados como separadores de datas interprétanse como operadores aritméticos. Polo tanto, as datas introducidas neste formato non se recoñecen como datas e producen cálculos erróneos. Para que as datas sexan interpretadas como parte das fórmulas hai que empregar a función DATA, por exemplo, DATA(1954;7;20) ou colocar a data entre aspas e empregar a notación ISO 8601, por exemplo, «1954-07-20». Evite empregar formatos de data dependentes de formatos rexionais, como «07/20/54» porque o cálculo pode producir erros se o documento se carga cunha configuración local diferente.


tip

É posíbel unha conversión sen ambigüidades para as datas e horas en ISO 8601 nos seus formatos estendidos con separadores. Se se produce un erro #VALUE!, desmarque Xerar erro #VALUE! en - Calc do LibreOffice - Fórmula, botón Detalles... na sección «Configuración detallada para cálculos», na caixa de lista Conversión de texto en número.


Exemplos

Que data é un mes antes do 2001-03-31?

=DATAM("2001-03-31";-1) devolve o número de serie 36950. Se formata este número como data, o valor é 2001-02-28.

Precisamos da súa axuda!