DESCARTAR

Exclúe o número que se especifique de filas ou columnas continuas desde o inicio ou fin dunha matriz.

note

Introduza a fórmula como fórmula de matriz. Suxestión: Introduza a fórmula empregando as teclas Ctrl + Maiús + Intro.


Sintaxe

DESCARTAR(matriz; liñas [; columnas])

Matriz: a matriz ou intervalo dos que descartar filas ou columnas.

Filas: o número de filas que descartar. Un valor negativo descarta desde o fin da matriz.

Columnas: (opcional) o número de columnas que descartar. Un valor negativo descarta desde o fin da matriz.

note

Pódese omitir calquera dos argumentos opcionais. Un argumento opcional require que todos os separadores presentes estean presentes.


Exemplos

Consider the array A1:E3 below:

 

A

B

C

D

E

1

AAA

BBB

CCC

DDD

EEE

2

FFF

 

 

III

JJJ

3

KKK

LLL

MMM

NNN

OOO


A fórmula {=DESCARTAR(A1:E3;1;3)} devolve a matriz de abaixo excluíndo a primeira liña e as 3 primeiras columnas.

III

JJJ

NNN

OOO


A fórmula {=DESCARTAR(A1:E3;-1;-3)} descarta a derraderia liña e as 3 últimas columnas.

AAA

BBB

FFF

 


Información técnica

tip

Esta función está dispoñíbel desde a versión 25.8 do LibreOffice.


Esta función NON é parte do estándar Formato Open Document para Aplicacións de Ofimática (OpenDocument), versión 1.3. Parte 4: Fórmula recalculada (OpenFormula). O espazo de nomes é

COM.MICROSOFT.DROP

Precisamos da súa axuda!