Axuda do LibreOffice 25.8
Un formulario de entrada de datos é unha ferramenta para facilitar a introdución de datos nas follas de cálculo. Cun formulario de entrada de datos pódense introducir, editar e eliminar rexistros (ou filas) de datos e evitar o desprazamento horizontal cando a táboa ten moitas columnas ou cando algunhas columnas son moi largas.
O formulario admite até 32 columnas.
Para ser eficaz, a táboa de datos do Calc debería ter unha fila de cabeceira na que o contido de cada cela sexa a etiqueta da columna. O contido das celas de cabeceira tórnanse na etiqueta de cada campo de datos do fomulario.
Coloque o cursor na fila de cabeceira da táboa.
Escolla
Introduza os datos nos campos de texto. Prema Intro ou Novo para engadilos á taboa.
Novo: encher o rexistro (celas da fila da táboa) co contido dos campos do formulario e saltar ao seguinte rexistro ou engadir un rexistro novo no fondo da táboa.
Eliminar: elimina o rexistro actual.
Restaurar: ao editar un campo de formulario, restaurar o contido do rexistro ao seu estado inicial.
Rexistro anterior: moverse para o rexistro (fila da táboa) anterior.
Rexistro seguinte: moverse para o seguinte rexistro.
Pechar: pechar o formulario.
Use the Tab and Shift-Tab keys to jump forth and back between text boxes of the form dialog.
You can use the form scroll bar to move between records.
To reopen the form dialog, place the cursor on the header row and open the form. The displayed record in the form dialog is the first data record. Move to the last record before entering new data otherwise the current record will be edited.