FinDeSemana é un parámetro opcional - un número ou cadea empregado para especificar os días da semana que son do fin de semana e non se consideran días laborábeis. FinDeSemana é un número ou cadea que indica cando caen os fins de semana. O seu valor indica os días de fin de semana seguintes:

De 1 a 7 para fins de semana de dous días e 11 a 17 para fins de semana de un día.

Número

Fin de semana

1 ou omitido

Sábado e domingo

2

Domingo e luns

3

Luns e martes

4

Martes e mércores

5

Mércores e xoves

6

Xoves e venres

7

Venres e sábado

11

Só domingo

12

Só luns

13

Só martes

14

Só mércores

15

Só xoves

16

Só venres

17

Só sábado


A cadea FinDeSemana fornece outro medio de definir os días non laborábeis da semana. Debe ter sete (7) caracteres - ceros (0) para días laborábeis e uns (1) para días non laborábeis. Cada carácter representa un día da semana, comezando no luns. Só son válidos 1 e 0. «1111111» non é unha cadea válida e non debería empregarse. Por exemplo, a cadea «0000011» define sábado e domingo como días non laborábeis.

Vacacións é unha lista opcional de datas que hai que contar como días non laborábeis. A lista pode darse como intervalo de celas.

Precisamos da súa axuda!