Axuda do LibreOffice 25.8
Permitir a edición directa do contido das celas.
O modo de edición de celas activado nunha cela con fórmula mostra a expresión da fórmula no canto do resultado do cálculo da fórmula.
Neste modo, as referencias a outras celas móstranse en cores e as celas referenciadas teñen os bordos realzados coa mesma cor. A cela realzada mostra asas nos cantos para permitir estender a referencia realzada.
Por exemplo, unha cela coa fórmula =A1+B1 mostra A1 na cor 1 e B1 na cor 2 (as cores defínense internamente. A cela A1 reálzase na cor 1 e B1 reálzase na cor 2.
Prema Intro para saír do modo de edición de celas.