Funcións da base de datos

Visión xeral

As doce funcións da categoría Base de datos axudan a analizar unha base de datos sinxela que ocupa unha área rectangular da folla de cálculo composta de columnas e filas, cos datos organizados como unha fila para cada rexistro. A cela de cabeceira de cada columna mostra o nome da columna e ese nome habitualmente reflicte o contido de cada cela desa columna.

As funcións da categoría Base de datos acepta tres argumentos, os seguintes:

  1. Base de datos. O intervalo de celas da base de datos.

  2. CampoBaseDeDatos. A columna que contén os datos para empregar nos cálculos da función.

  3. CriteriosDeBusca. O intervalo de celas dunha área separada da folla de cálculo que contén os criterios de busca.

Estes argumentos descríbense polo miúdo máis abaixo.

Todas as funcións teñen o mesmo concepto básico de funcionamento. O primeiro paso lóxico é empregar os CriteriosDeBusca para identificar o subconxunto de rexistros da BaseDeDatos que se van empregar durante os cálculos subsecuentes. O segundo paso consiste en extraer os valores dos datos e realizar os cálculos asociados coa función indicada (media, suma, produto, etc.). Os valores procesados son os da columna CampoDaBaseDeDatosdos rexistros seleccionados.

note

O Calc trata as datas e os valores lóxicos (VERDADEIRO e FALSO) como numéricos ao calcular con estas funcións.


Argumentos das funcións de base de datos

As definicións dos argumentos seguintes aplícanselles a todas as funcións da categoría Base de datos:

  1. Argumento BaseDeDatos

    BaseDeDatos indica o intervalo de celas ocupado pola táboa da base de datos. A primeira fila do intervalo contén os nomes dos campos e as filas posteriores son rexistros cos valores de campo correspondentes.

    Unha maneira de definir o intervalo de celas é introducir a referencia de cela da cela superior esquerda seguinda de dous puntos (:) seguida da referncia da cela inferior dereita. Un exemplo podería ser A1:E10.

    O argumento BaseDeDatos tamén se pode indicar pasando o nome dun intervalo nomeado ou dun intervalo da base de datos. O emprego dun nome significativo para definir o intervalo de celas pode mellorar a lexibilidade da fórmula e o mantemento do documento. Se o nome non coincide co nome dun intervalo definido, o Cal informa dun erro #NOME?.

    Outros erros dos que pode informar como resultado dun argumento BaseDeDatos incorrecto son #VALOR e Err:504 (erro na lista de parámetros).

  2. Argumento CampoBaseDeDatos

    CampoBaseDeDatos indica a columna que vai empregar a función para os seus cálculos unha vez aplicados os criterios de busca e seleccionadas as filas de datos. Non está relacionado cos criterios de busca.

    Indique o argumento CampoBaseDeDatos de calquera das maneiras seguintes:

    • Introducindo unha referencia a unha cela de cabeceira na área BaseDeDatos. Como alternativa, se a cela recibiu un nome significativo, como un intervalo nomeado ou un intervalo de base de datos, introduza ese nome. Se o nome non coincide co nome ou cun intervalo definido, o Calc informa dun erro #NAME?. Se o nome for válido mais non corresponder a unha única cela, o Calc informa do erro Err:504 (erro na lista de parámetros).

    • Ao introducir un número para especificar a columna na área Base de datos, comezando por 1. Por exemplo, se unha Base de datos ocupou o intervalo de celas D6:H123, introduza 3 para indicar a cela de cabeceira en F6. Calc espera un valor enteiro entre 1 e o número de columnas definido en Base de datos e ignora calquera díxito que siga a vírgula decimal. Se o valor é menor de 1, Calc informa dun erro Err:504 (erro na lista de parámetros). Se o valor for maior do número de columnas en Base de datos, Calc informa dun erro #VALOR!.

    • Ao introducir o nome literal da cabeceira da columna da primeira fila do intervalo da Base de datos, colocando aspas arredor do nome da cabeceira. Por exemplo, «Distancia até a escola». Se a cadea non corresponde cunha cas cabeceiras da columna da área Base de datos, o Calc informa dun erro Err:504 (erro na lista de parámetros). Tamén pode fornecer unha referencia a unha cela arbitraria (fóra das áreas de Base de datos e Criterio de busca) que conteña a cadea requirida.

    O argumento CampoDeBaseDeDatos é opcional para as funcións BDCONTAR e BDCONTARA mais obrigatorio para as dez funcións de bases de datos restantes.

  3. Argumento CriteriosBusca

    CriterioBusca especifica o intervalo de celas que contén os criterios de busca. Como BaseDeDatos, a súa primeira fila son tamén nomes de campo e as filas subseguintes son condicións para os campos relacionados. As áreas BaseDeDatos e CriteriosBusca non teñen por que ser adxacentes nin estaren na mesma folla.

    A reference to an empty cell is interpreted as the numeric value 0.

    A matching expression can be:

    • A number or logical value. A matching cell content equals the number or logical value.

    • A value beginning with a comparator (<, <=, =, >, >=, <>).

      For =, if the value is empty it matches empty cells.

      For <>, if the value is empty it matches non-empty cells.

      For <>, if the value is not empty it matches any cell content except the value, including empty cells.

      Note: "=0" does not match empty cells.

      For = and <>, if the value is not empty and can not be interpreted as a number type or one of its subtypes and the property Search criteria = and <> must apply to whole cells is checked, comparison is against the entire cell contents, if unchecked, comparison is against any subpart of the field that matches the criteria. For = and <>, if the value is not empty and can not be interpreted as a Number type or one of its subtypes applies.

    • Other Text value. If the property Search criteria = and <> must apply to whole cells is true, the comparison is against the entire cell contents, if false, comparison is against any subpart of the field that matches the criteria. The expression can contain text, numbers, regular expressions or wildcards (if enabled in calculation options).

    Unha maneira de definir o intervalo de celas é introducir a referencia da cela superior esquerda seguida de dous puntos (:) e despois a referencia da cela inferior dereita. Por exemplo, A13:B14. Tamén se pode indicar o intervalo de celas pasando o nome dun intervalo con nome definido ou dun intervalo de base de datos. Se o nome non corresponde co nome dun intervalo definido, Calc informa dun erro #NOME?.

    O erro 504 (erro na lista de parámetros) pode ser tamén resultado dun argumento CriteriosDeBusca incorrecto.

    O contido da área CriterioBusca descríbese en máis detalle na sección seguinte.

Definir criterios de busca

O número de columnas ocupadas pola área CriteriosBusca non ten que ser o mesmo que a largura da área BaseDeDatos. Tiodos os títulos que aparezan na primeira fila de CriteriosBusca deben ser idénticos aos títulos da primeira fila de Base de Datos. Porén, non todos os títulos de BaseDeDatos precisan aparecer na primeira fila de CriteriosDeBusca, metres que un título de BaseDeDatos si pode aparecer varias veces na primeira fila de CriteriosBusca.

Os criterios de busca introdúcense nas celas da segunda fila e seguintes da área CriteriosBusca, por debaixo da fila que contén os títulos. Ignóranse as celas baleiras da área CriteriosBusca.

Cree criterios nas celas da área CriterioBusca empregando os operadores de comparación <, <=, =, <>, >=, and >. Asúmese = se unha cela non está baleira mais non comeza cun operador de comparación.

Se escribe varios criterios nunha fila, estes conéctanse con E. Se escribe varios criterios en filas diferentes, conéctanse con OU.

Pódense crear criterios empregando comodíns sempre que os comodíns fosen activados mediante a opción Activar comodíns en fórmulas da caixa de diálogo - Calc do LibreOffice - Calcular. Esta opción debería estar activada se a interoperabilidade co Excel da Microsoft for importante para a folla de cálculo.

Pódense crear criterios máis potentes empregando expresións regulares, sempre que as expresións regulares estivesen activadas mediante a opción Activar expresións regulares nas fórmulas na caixa de diálogo - Calc do LibreOffice - Calcular

warning

Ao empregar funcións nas que un ou máis argumentos sexan criterios de busca que representen unha expresión regular, téntase primeiro converter os criterios da cadea en números. Por exemplo, «.0» convértese en 0.0, etc. Se resulta ben, a busca non será unha coincidencia de expresión regular senón unha coincidencia numérica. Porén, ao traballar cunha configuración rexional na que o separador decimal non sexa o punto, como en galego, o punto fai que funcione a conversión a expresión regular. Para obrigar a que a avaliación sexa dunha expresión regular no canto dunha expresión numérica hai que empregar algunha expresión que non se poda confundir cunha numérica, como «.[0]», «.\0» ou «(?i).0».


Outra opción que afecta a xestión dos criterios de busca é que a opción CriteriosBusca = e <> deben aplicarse a celas enteiras da caixa de diálogo - Calc do LibreOffice - Calculate. Esta opción controla se os criterios de busca que se indiquen para as funcións da base de datos coinciden exactamente coas celas enteiras. Esta opción debería estar activada se a interoperatividade co Excel da Microsoft for importante para a folla de cálculo.

Exemplos de uso das funcións de base de datos

A táboa seguinte fornece unha táboa de base de datos de exemplo que se emprega para demostrar como usar as funcións da categoría Base de datos. O intervalo de celas A1:E10 contén información ficticia sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé. Para cada convidado dáse a información seguinte - nome, curso, idade en anos, distancia á escola en metros e peso en quilogramos.

A

B

C

D

E

1

Nome

Curso

Idade

Distancia

Peso

2

André

3

9

150

40

3

Bea

4

10

1000

42

4

Carlos

3

10

300

51

5

Daniel

5

11

1200

48

6

Eva

2

8

650

33

7

Francisco

2

7

300

42

8

Greta

1

7

200

36

9

Henrique

3

9

1200

44

10

Irene

2

8

1000

42

11


Os seis exemplos a seguir empregan a táboa de base de datos anterior combinada con diferentes áreas de criterios de busca.

Exemplo 1

A

B

C

D

E

12

Nome

Curso

Idade

Distancia

Peso

13

>600

14


Como neste exemplo sinxelo, ás veces é desexábel (aínda que non esencial) colocar a área de criterios de busca directamente baixo a táboa da base de datos, coas columnas das dúas áreas aliñadas verticalmente. Ignóranse as entradas baleiras da área de criterios de busca. Coa táboa de base de datos do exemplo anterior e esta área de criterios de busca, insira a fórmula =DCOUNT(A1:E10;;A12:E14) nunha cela baleira doutra parte da folla para contar o número de convidados de Xosé que viaxan máis de 600 metros até a escola. Devolve o valor de 5 (contando a Bea, Daniel, Eva, Henrique e Irene).

Observe tamén que a fórmula =BDCONTAR(A1:E10;;D12:D13) devolve exactamente o vesmo valor, demostrando que só é necesario que a área de criterios de busca conteña os títulos relevantes das columnas.

Exemplo 2

   A   

   B   

   C   

   D   

   E   

12

Idade

Curso

13

>7

2

14


Neste exemplo, a área de criterios de busca contén só dous títulos e estes non están aliñados verticalmente coas cabeceiras correspondentes da táboa da base de datos. Dado que hai dúas condicións na mesma fila, estas están conectadas por E. Coa táboa da base de datos de exemplo anterior e esta área de criterios de busca, insira a fórmula =BDCONTAR(A1:E10;;B12:C13) nunha cela baleira noutra parte da folla para contar cantos dos convidados de Xosé están no 2º curso e teñen máis de 7 anos. Devólvese o valor de 2 (Eva e Irene).

Exemplo 3

   A   

   B   

   C   

   D   

   E   

12

Idade

13

9

14

10


Neste exemplo, a área de criterios de busca contén un único título. Dado que hai dúas condicións en filas consecutivas, estas están conectadas por OR. Coa táboa da base de datos de exemplo anterior e esta área de criterios de busca, insira a fórmula =BDCONTAR (A1:E10 ;; B12:B14) nunha cela baleira noutro lugar da folla para contar candos convidados de Xosé teñen ou 9 ou 10 anos. Devólvese o valor de 4 (contando a André, Bea, Carlos e Henrique).

Exemplo 4

   A   

   B   

   C   

   D   

   E   

12

Idade

Idade

13

>=8

<=10

14


Neste exemplo, a área de criterios de busca contén dúas aparicións do mesmo título. Dado que hai dúas condicións na mesma fila, estas están conectadas por E. Coa táboa da base de datos de exemplo e esta área de criterios de busca, insira a fórmula =BDCONTAR(A1:E10 ;;B12:C13) nunha cela baleira noutra parte da folla para contar cantos convidados de Xosé teñen entre 8 e 10 anos (incluídos). Devólvese o valor de 6 (contando André, Bea, Carlos Eva, Henrique e Irene).

Exemplo 5

   A   

   B   

   C   

   D   

   E   

12

Nome

13

F*

14


Este exemplo sinxelo mostra o uso de comodíns. Para que este exemplo funcione como se pretende, seleccione activar os comodíns en - Calc do LibreOffice - Calcular. Coa táboa de base de datos de exemplo anterior e esta área de criterios de busca, insira a fórmula BDCONTAR(A1:E10 ;;A12:A13) nunha cela baleira doutra parte da folla de cálculo para contar cantos dos convidados de Xosé teñen nomes que comecen pola letra «F». Devólvese o valor de 1 (cóntase a Francisco).

Exemplo 6

   A   

   B   

   C   

   D   

   E   

12

Nome

13

[ABC].*

14


Este exemplo simple mostra o uso de expresións regulares. Para que este exemplo funcione como se pretende, seleccione activar expresións regulares en - Calc do LibreOffice - Calcular. Coa táboa da base de datos de exemplo anterior e esta área de criterios de busca, insira a fórmula =BDCONTAR(A1:E10;;A12:A13) nunha cela baleira noutra parte da folla para contar cantos convidados de Xosé teñen nomes que comecen polas letras «A», «B» ou «C». Devólvese o valor de 3 (cóntase a André, Bea e Carlos).

BDCONTAR

BDCONTAR conta o número de celas (campos) da columna indicada que conteñen valores numéricos, para todas as filas (rexistros da base de datos) que correspondan cos criterios de busca indicados. Porén, se non se indican columnas, BDCONTAR devolve a conta de todos os rexistros que correspondan cos criterios de busca indicados independentemente do seu contido.

Sintaxe

DCOUNT (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa da base de datos de exemplo que dá información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debería ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debería ser idéntico ás etiquetas de título da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A12:E13 están baleiras, excepto a cela D13, que debería conter «>600» (este criterio de busca corresponde cos rexistros da táboa da base de datos que teñen un valor maior de 600 na columna Distancia).

Insira a fórmula =BDCONTAR(A1:E10 ;; A12:E13) nunha cela baleira doutra parte da folla para calcular cantos convidados á festa de Xosé viaxan máis de 600 metros até á escola. Devólvese o valor de 5.

Obtense o mesmo resultado usando a fórmula =BDCONTAR(A1:E10;"Distância";A12:E13) porque todas as entradas da columna Distancia son numéricas. Porén, ao empregar a fórmula =BDCONTAR(A1:E10; "Nome"; A12:E13) devólvese o valor de 0 porque ningunha das entradas da columna Nome é numérica.

BDCONTARA

BDCONTARA conta o número de celas (campos) da columna indicada que non están baleiras en todas as filas (rexistros da base de datos) que correspondan cos criterios de busca indicados Non se contan as celas baleiras da columna indicada. Porén, se non se indica ningunha columna, BDCONTARA devolve a conta de todos os rexistros que correspondan ccos criterios de busca indicados independentemente do seu contido.

Sintaxe

DCOUNTA (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa da base de datos de exemplo que dá información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debería ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debería ser idéntico ás etiquetas de título da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A12:E13 están baleiras, excepto a cela D13, que debería conter «>600» (este criterio de busca corresponde cos rexistros da táboa da base de datos que teñen un valor maior de 600 na columna Distancia).

Insira a fórmula =BDCONTAR(A1:E10 ;; A12:E13) nunha cela baleira doutra parte da folla para calcular cantos convidados á festa de Xosé viaxan máis de 600 metros até á escola. Devólvese o valor de 5.

Obtense o mesmo resultado empregando a fórmula =BDCONTARA(A1:E10; "Distância"; A12:E13) ou a fórmula =BDCONTARA(A1:E10; "Nome"; A12:E13). O último caso reflecte que, en contraste con BDCONTAR, BDCONTARA conta valores tanto numéricos como alfanuméricos na columna indicada polo argumento CampoBaseDatos.

BDDESVEST

BDDESVEST calcula a desviación estándar dunha mostra baseada nos valores numéricos das celas (campos) da columna especificada para todas as filas (rexistros da base de datos) que correspondan cos criterios de busca especificados. Ignóranse os valores non numéricos.

Devolve un erro #NUM! se exactamente un rexistro corresponde cos criterios de busca especificados ou se só hai un único valor numérico nas celas da columna especificada para os rexistros que si correspondan.

Devolve 0 se non se atopa ningunha correspondencia ou se non hai valores numéricos nas celas da columna especificada para os rexistros que correspondan.

Sintaxe

DSTDEV (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDDESVEST(A1:E10; "Peso"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para calcular a desviación estándar da mostra das persoas convidadas á festa de Xosé. Devolve o valor de 5,5.

BDDESVESTP

BDDESVESTP calcula a desviación estándar da poboación baseada nos valores numéricos das celas (campos) da columna especificada para todas as filas (rexistros da base de dato) que correspondan cos criterios de busca especificados. Ignóranse os valores non numéricos.

Devolve un erro #NUM! se ningún rexistro corresponde cos criterios de busca especificados ou se non hai ningún valor numérico nas celas da columna especificada para os rexistros que si correspondan.

Sintaxe

DSTDEVP (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDDESVESTP(A1:E10; "Peso"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para calcular a desviación estándar da poboación dos pesos en kg das persoas convidadas á festa de Xosé. Devolve o valor 5,1854.

BDMEDIA

BDMEDIA calcula a media dos valores numéricos das celas (campos) da columna especificada para todas as filas (rexistros da base de datos) que correspondan cos criterios de busca especificados. Ignóranse os valores non numéricos desas celas.

Devolve un erro #DIV/0! se ningún rexistro corresponde cos criterios de busca especificados ou se non hai valores numéricos nas celas da columna especificada para os rexistros que si correspondan.

Sintaxe

DAVERAGE (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDMEDIA(A1:E10; "Distancia"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para calcular a distancia media en metros viaxada até a escola polas persoas convidadas á festa de Xosé. Devolve o valor de 666,67.

BDMÁX

BDMÁX calcula o valor máximo entre as celas (campos) da columna especificada que conteñen valores numéricos para todas as filas (rexistros da base de datos) que correspondan cos criterios de busca especificados. Non se inclúen as celas baleiras nin as que conteñan caracteres non numéricos.

Devolve 0 se non se atopa ningunha coincidencia ou de non existiren valores numéricos distintos de cero nas celas da columna especificada para os rexistros correspondentes.

Sintaxe

DMAX (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDMÁX(A1:E10; "Distancia";A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para atopara distancia máxima en metros que calquera dos convidados á festa de Xosé viaxa até a escola. Devólvese o valor de 1200.

BDMÍN

BDMÍN calcula o valor mínimo entre as celas (campos) da columna especificada que conteñan valores numéricos para todas as filas (rexistros da base de datos) que correspondan cos criterios de busca especificados. Non se inclúen as celas baleiras nin as que conteñan caracteres non numéricos.

Devolve 0 se non se atopa ningunha coincidencia ou de non existiren valores numéricos distintos de cero nas celas da columna especificada para os rexistros correspondentes.

Sintaxe

DMIN (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDMÍN(A1:E10; "Distancia"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para atopar a distancia mínima en metros que calquera das persoas convidadas á festa de Xosé viaxa até a escola. Devolve o valor de 150.

BDOBTER

BDOBTER devolve o contido da cela (campo) da columna indicada para a única fila (rexistro da base de datos) que corresponde cos criterios de busca indicados.

Calc dá un Erro:502 (argumento incorrecto) se se atopan varias correspondencias ou un erro #VALOR! (tipo de datos incorrecto) se non se atopa ningunha correspondencia. Tamén dá un erro #VALOR! se si se atopa mais a cela relevante está baleira.

Sintaxe

DGET (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «11» (este criterio de busca corresponde aos rexistros da táboa da base de datos que teñen un valor de 11 na columna Idade).

Insira a fórmula =BDOBTER(A1:E10; "Nome";A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para atopar o nome do convidado á festa de xosé que ten 11 anos. Devólvese o nome de Daniel.

Se cambia o valor da cela C13 para «10», a fórmula =BDOBTER(A1:E10; "Nome"; A12:E13) devolve un erro de argumento incorrecto (Erro:502). Este reflicte que hai varios rexistros que corresponden co criterio especificado (tanto Bea como Carlos teñen 10 anos).

BDPRODUTO

BDPRODUTO calcula o produto de todos os valores numéricos das celas (campos) da columna especificada para todas as filas (rexistros da base de dato) que correspondan cos criterios de busca especificados. Non se inclúen as celas baleiras nin as que conteñan caracteres non numéricos.

Devolve 0 se non se atopa ningunha correspondencia ou se non hai valores numéricos nas celas da columna especificada para os rexistros que correspondan.

Sintaxe

DPRODUCT (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDPRODUTO(A1:E10; "Idade"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para calcular o produto das idades en anos das persoas convidadas á festa de Xosé. Devolve o valor 279417600.

BDSUMA

BDPRODUTO calcula a suma de todos os valores numéricos das celas (campos) da columna especificada para todas as filas (rexistros da base de dato) que correspondan cos criterios de busca especificados. Non se inclúen as celas baleiras nin as que conteñan caracteres non numéricos.

Devolve 0 se non se atopa ningunha correspondencia ou se non hai valores numéricos nas celas da columna especificada para os rexistros que correspondan.

Sintaxe

DSUM (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDSUMA(A1:E10; "Idade"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para calcular a distancia total en metros que viaxan todas persoas convidadas á festa de Xosé. Devolve o valor de 6000.

BDVAR

BDVAR calcula a varianza da mostra baseada nos valores numéricos das celas (campos) da columna especificada para todas as filas (rexistros da base de dato) que correspondan cos criterios de busca especificados. Ignóranse os valores non numéricos.

Devolve un erro #NUM! se exactamente un rexistro corresponde cos criterios de busca especificados ou se só hai un único valor numérico nas celas da columna especificada para os rexistros que si correspondan.

Devolve 0 se non se atopa ningunha correspondencia ou se non hai valores numéricos nas celas da columna especificada para os rexistros que correspondan.

Sintaxe

DVAR (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDVAR(A1:E10; "Distancia"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para calcular a varianza da mostra das distancias en metros que as persoas convidadas á festa de Xosé percorren até a escola. Devolve o valor 193125.

BDVARP

BDARP calcula a variación da poboación baseada nos valores numéricos das celas (campos) da columna especificada para todas as filas (rexistros da base de dato) que correspondan cos criterios de busca especificados. Ignóranse os caracteres non numéricos.

Devolve un valor #NUM! se ningún rexistro corresponde cos criterios de busca especificados ou se non hai ningún valor numérico nas celas da columna especificada para os rexistros que si correspondan.

Sintaxe

DVARP (Base de Datos; DatabaseField; campo de busca)

Exemplo

A táboa de base de datos de exemplo que fornece información sobre os convidados á festa de aniversario de Xosé (descrita arriba) debe ocupar as celas A1:E10. O contido das celas A12:E12 debe ser idéntico ás etiquetas de cabeceira da táboa da base de datos nas celas A1:E1. Comprobe que as celas A13:E13 estean baleiras, excepto a cela C13, que debe conter «>0» (este criterio de busca corresponde a todos os rexistros da táboa da base de datos).

Insira a fórmula =BDARP(A1:E10; "Distancia"; A12:E13) nunha cela baleira noutra parte da folla para calcular a varianza da poboación das distancias en metros que as persoas convidadas á festa de Xosé percorren até a escola. Devolve o valor de 171666,67.

Precisamos da súa axuda!