Ir a unha folla

Ir para unha páxina indicada.

Para acceder a esta orde...

Escolla Folla - Navegar - Ir a folla.


Escriba o nome dunha folla

Escriba algúns caracteres incluídos no nome da folla que busca. A listaxe de follas limítase aos nomes de folla que inclúen eses caracteres. A busca distingue entre maiúsculas e minúsculas. Se estiver baleira, móstranse todas as follas visíbeis.

Follas

Lista as follas do documento actual. Non se mostran as follas agochadas. Para seleccionar unha folla, prema nas teclas de frecha para arriba ou para abaixo para moverse a unha folla da lista. Prema dúas veces nun nome para saltar directamente a esta folla.

Precisamos da súa axuda!