Axuda do LibreOffice 25.2
Xere series automaticamente coas opcións deste diálogo. Determine a dirección, o incremento, a unidade de tempo e o tipo de serie.
Antes de encher unha serie, primeiro seleccione o intervalo de celas.
Para continuar automaticamente unha serie usando as regras de conclusión asumidas, escolla a opción Encher automaticamente despois da apertura da caixa de diálogo Encher a serie.
Determina a dirección da creación serie.
Crea unha serie descendente no intervalo de celas seleccionado para a columna mediante o incremento establecido para o valor final.
Crea unha serie en execución de esquerda a dereita dentro do intervalo de celas seleccionado usando o incremento definido para o valor final.
Crea unha serie superior no intervalo de celas da columna mediante o incremento establecido para o valor final.
Crea unha serie en execución de dereita a esquerda no intervalo de celas seleccionado usando o incremento definido para o valor final.
Define o tipo de serie. Escolla entre Lineal, Crecemento, Data e Enchido automático.
Crea unha serie número lineal usando o valor de incremento e fin definidos.
Crea unha serie de crecemento usando o incremento e o valor final definidos.
Crea unha serie de datas usando o incremento e data de fin definidos.
Forma unha serie directamente na folla. A función Enchido automático considera as listas personalizadas. Por exemplo, ao introducir xaneiro na primeira cela, a serie complétase empregando a lista definida en LibreOffice - PreferenciasFerramentas - Opcións - Calc do LibreOffice - Listas de ordenación.
AutoFill tries to complete a value series by using a defined pattern. The series 1,3,5 is automatically completed with 7,9,11,13, and so on. Date and time series are completed accordingly; for example, after 1999-01-01 and 1999-01-15, an interval of 14 days is used.
Enchedura automático de datos tomando como base as celas adxacentes
Nesta área, pode especificar a unidade de tempo que desexe. Esta área so está activa se se escolliu a opción Data na área Tipo de serie.
Empregue o tipo de serie Data e esta opción para crear unha serie que utilice os sete días da semana. A unidade de Incremento é un día.
Empregue o tipo de serie Data e esta opción para crear unha serie que só utilice os días laborais. A unidade de Incremento é un día.
Empregue o tipo de serie Data e esta opción para formar unha serie cuxa unidade de Incremento sexa un mes.
Empregue o tipo de serie Data e esta opción para crear unha serie cuxa unidade de Incremento sexa un ano.
Determina o valor inicial da serie. Use números, datas ou horas.
Determina o valor final para a serie. Use números, datas ou horas.
O termo «incremento» denota a cantidade coa que aumenta un valor dado. Determina o valor polo que a serie do tipo seleccionado aumenta en cada paso.Só é posíbel crear entradas se se teñen seleccionados os tipos de serie lineal, crecemento ou data.