Encher celas

Enche automaticamente as celas con contido.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Folla - Encher celas


Encher cara abaixo

Enche un intervalo seleccionado de polo menos dúas filas co contido da cela superior do intervalo.

Encher cara a dereita

Enche un intervalo seleccionado de polo menos dúas columnas co contido da cela do extremo esquerdo.

Encher cara arriba

Enche un intervalo seleccionado de polo menos dúas filas co contido da cela inferior.

Encher cara a esquerda

Enche un intervalo seleccionado de polo menos dúas columnas co contido da cela do extremo dereito.

Encher follas

Indica as opcións para transferir follas ou intervalos dunha folla determinada ás mesmas celas doutras follas seleccionadas.

Encher series

Xere series automaticamente coas opcións deste diálogo. Determine a dirección, o incremento, a unidade de tempo e o tipo de serie.

Encher con números aleatorios

Encha un intervalo de celas con números pseudoaleatorios xerados automaticamente coa función de distribución seleccionada e os seus parámetros.

Encher celas empregando menús de contexto

Pódense reutilizar os valores da columna actual para encher a cela.

Precisamos da súa axuda!