Cabeceiras e rodapés

Define ou formata unha cabeceira ou rodapé para o estilo de páxina en uso. Pode definir configuracións separadas para a primeira páxina e para as páxinas restantes.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Inserir - Cabeceiras e rodapés.

Escolla a lapela Formato - Estilo de páxina - Cabeceira (ou Rodapé) e prema en Editar.

Escolla Estilos - Xestionar estilos - Estilos de páxina, abra o menú de contexto do estilo de páxina, escolla a lapela Editar estilo - Cabeceira (ou Rodapé) e prema Editar.

From the tabbed interface:

Escolla Disposición - Cabeceiras e rodapés.

Escolla a lapela Disposición - Formatar páxina - Cabecier (ou Rodapé) e prema Editar.

No menú Inserir da lapela Inserir escolla Cabeceiras e rodapés.

From toolbars:

Icona Cabeceiras e rodapés

Cabeceiras e rodapés


Cabeceira ou rodapé (primeiros e restantes)

Define a configuración da cabeceira ou do rodapé para a primeira páxina ou para as páxinas restantes.

A distinción entre a primeira páxina e as páxinas restantes depende da selección de Mesmo contido na primeira páxina en Páxina Cabeceira e Rodapé.

Área da esquerda

Introduza o texto a mostrar na parte esquerda da cabeceira ou rodapé.

note

Ao marcar Mesmo contido na primeira páxina arriba, a área esquerda non está dispoñíbel na primeira páxina.


Área central

Introduza o texto que desexa colocar no centro da cabeceira ou rodapé.

Área da dereita

Introduza o texto que desexa colocar na parte dereita da cabeceira ou rodapé.

Cabeceira/Pé de páxina

Seleccione unha cabeceira ou rodapé predefinidos da lista.

Atributos de texto

Abre unha caixa de diálogo para lle asignar formatos ao texto novo ou seleccionado . A caixa de diálogo Atributos de texto contén as lapelas Tipo de letra, Efectos do tipo de letra and Posición da letra.

Icona Atributos de texto

Atributos de texto

Nome do ficheiro

Insire un marcador de posición nome do ficheiro na área seleccionada. Prema para inserir o título. Longa-clic para seleccionar título, nome de ficheiro ou nome de camiño / ficheiro no submenú. Un título non ser atribuído (vexa Ficheiro - Propiedades ), o nome do ficheiro insírese no seu lugar.

Icona Cartafol

Nome do ficheiro

Nome da folla

Insire un marcador de posición na área de cabeceira / pé de páxina seleccionada, que pasa a ter o nome da folla na cabeceira / pé de páxina do documento real.

Icona Nome da folla

Nome da folla

Páxina

Insire un marcador de posición na área de cabeceira / pé de páxina seleccionada, que pasa a ter a numeración de páxina. Isto permite que a numeración de páxina continua nun documento.

Icona

Páxina

Páxinas

Insire un marcador de posición na área de cabeceira / pé de páxina seleccionada, que pasa a ter o número total de páxinas do documento.

Icona Páxinas

Páxinas

Data

Insire un marcador de posición na área de cabeceira / pé de páxina seleccionada, que pasa a ter a data actual, que será repetida na cabeceira / pé de páxina en cada páxina do documento.

Icona Data

Data

Hora

Insire un marcador de posición na área de cabeceira / pé de páxina seleccionada, que é substituída pola hora actual na cabeceira / pé de páxina en cada páxina do documento.

Icona Hora

Hora

Precisamos da súa axuda!