Función CStr

Converte calquera expresión numérica nunha expresión de cadea.

Sintaxe:


CStr (Expresión)

Valor de retorno:

String

Parámetros:

Expresión: Calquera cadea ou expresión numérica válida que queira converter.

Tipos de expresión e conversións devoltas

Boolean :

Cadea que se evalua a True ou False.

Date :

Cadea que contén a data e a hora.

Null :

Erro en tempo de execución.

Empty :

Cadea sen caracteres.

Any :

Número correspondente como cadea.


Os ceros situados ao final dun número de punto flotante non se inclúen na cadea devolta.

Códigos de erro

5 Chamada de procedemento incorrecta

Exemplo:


Sub ExampleCSTR
Dim sVar As String
    MsgBox CDbl(1234.5678)
    MsgBox CInt(1234.5678)
    MsgBox CLng(1234.5678)
    MsgBox CSng(1234.5678)
    sVar = CStr(1234.5678)
    MsgBox sVar
End Sub

Precisamos da súa axuda!