Atn Function

Función trigonométrica que devolve o arco tanxente dunha expresión numérica. O valor de retorno está no intervalo de -Pi/2 a +Pi/2.

O arco tanxente é a función inversa da tanxente. A función Atn devolve o ángulo "Alfa", expresado en radiáns, usando a tanxente dese ángulo. A función tamén pode devolver o ángulo "Alfa" comparando, nun triángulo rectángulo, a razón entre a lonxitude do lado oposto ao ángulo e a lonxitude do lado adxacente ao ángulo.

Atn(lado oposto ao ángulo/lado adxacente ao ángulo)= Alfa

Sintaxe:


        Atn (Número)
    

Valor de retorno:

Duplo

Parámetros:

Number: Any numerical expression that represents the ratio of two sides of a right triangle. The Atn function returns the corresponding angle in radians (arctangent).

Para converter radiáns en graos, multiplique os radiáns por 180/pi.

degree=(radian*180)/pi

radian=(degree*pi)/180

Pi is here the fixed circle constant with the rounded value 3.14159. Pi is a Basic mathematical constant.

Códigos de erro

5 Chamada de procedemento incorrecta

Exemplo:


        REM O seguinte exemplo calcula para un triángulo rectángulo,
        REM o ángulo Alfa a partir da tanxente do ángulo Alfa:
        Sub ExampleAtn
        REM Pi = 3,14159 arredondado é unha constante predefinida
        Dim d1 As Double
        Dim d2 As Double
            d1 = InputBox("Introduza a lonxitude do lado adxacente ao ángulo: ","Adxacente")
            d2 = InputBox("Introduza a lonxitude do lado oposto ao ángulo: ","Oposto")
            Print "O ángulo Alfa é"; (atn (d2/d1) * 180 / Pi); " graos"
        End Sub
    

Axúdenos, por favor!