Timer Function

Devolve un valor que especifica o número de segundos que pasaron desde a media noite.

Icona Nota

Primeiro, declare unha variábel para chamar á función Timer e atribúalle o tipo de datos "Long", en caso contrario devólvese un valor de data.


Sintaxe:


Timer

Valor de retorno:

Data

Exemplo:


Sub ExampleTimer
Dim lSec As Long,lMin As Long,lHour As Long
    lSec = Timer
    MsgBox lSec,0,"Segundos desde a media noite"
    lMin = lSec / 60
    lSec = lSec Mod 60
    lHour = lMin / 60
    lMin = lMin Mod 60
    MsgBox Right("00" & lHour , 2) & ":"& Right("00" & lMin , 2) & ":" & Right("00" & lSec , 2) ,0,"A hora é"
End Sub

Axúdenos, por favor!