Inserir controis

Abre a barra Caixa de ferramentas

Icona Inserir controles

Inserir controis

Botón

Icona Botón

Engade un botón de ordes. Pode utilizalo para executar unha orde nun evento definido, como un clic do rato.

Se o desexa, pode engadir ao botón un texto ou imaxe.

Control de imaxe

Icona Control de imaxe

Engade un control que mostra unha imaxe.

Caixa de verificación

Icona Caixa de selección

Inclúe unha caixa de verificación que pode usarse para activar ou desactivar unha función.

Botón de opción

Icona Botón de opción

Engade un botón que permite que o usuario seleccione de entre un número de opcións. Os botóns de opcións agrupados deben ter unha orde de tabulación consecutiva. Normalmente están arrodeados por unha caixa de grupo. Se ten dous grupos de botóns de opción debe inserir unha orde de tabulación entre as ordes de tabulación dos dous grupos. Por exemplo, ao marco do segundo grupo ou a calquera outro control da caixa de diálogo, coa excepción doutro botón de opción.

Campo de etiqueta

Icona Campo de etiqueta

Engade un campo para a visualización de etiquetas de texto. Estas etiquetas só se utilizan para a visualización de texto predefinido e non para introducir texto.

Caixa de texto

Icona Caixa de texto

Engade unha caixa de entrada onde pode introducir e editar texto.

Caixa de lista

Icona Caixa de lista

Engade unha caixa onde pode premer nunha entrada da lista.

Caixa de combinación

Icona Caixa de combinación

Engade unha caixa de combinación. Trátase dunha caixa de lista onde o usuario pode premer e seleccionar unha entrada. Se o desexa, pode converter as entradas da caixa de combinación en "só de lectura".

Barra de desprazamento horizontal

Icona Barra de desprazamento horizontal

Engade unha barra de desprazamento horizontal á caixa de diálogo.

Barra de desprazamento vertical

Icona Barra de desprazamento vertical

Engade unha barra de desprazamento vertical á caixa de diálogo.

Caixa de grupo

Icona Caixa de grupo

Engade un marco onde é posíbel agrupar visualmente controis semellantes, como botóns de opción.

note

Para definir dous grupos diferentes de botóns de opción, comprobe que o índice de tabulación do marco de grupo estea entre os dos dous grupos.


Barra de progreso

Icona Barra de progreso

Engade unha barra de progreso á caixa de diálogo.

Liña horizontal

Icona Liña horizontal

Engade unha liña horizontal á caixa de diálogo.

Liña vertical

Icona Liña vertical

Engade unha liña vertical á caixa de diálogo.

Campo de data

Icona Campo de data

Engade un campo data.

Se atribúe a propiedade "despregábel" ao campo de data, os usuarios poden despregar un calendario para seleccionar unha data.

Campo horario

Icona Campo de hora

Engade un campo de hora.

Campo numérico

Icona Campo numérico

Engade un campo numérico.

Campo monetario

Icona Campo de moeda

Engade un campo monetario.

Campo formatado

Icona Campo formatado

Engade unha caixa de texto onde pode definir o formato do texto que se introduce ou mostra así como os valores de límite.

Campo de patrón

Icona Campo de patrón

Engade un campo enmascarado. Consiste nunha máscara de entrada e nunha de carácter. A máscara de entrada determina os datos que poden introducir os usuarios e a de carácter determina o estado do campo enmascarado cando se carga o formulario.

Selección de ficheiros

Icona Selección de ficheiro

Engade un botón que abre un diálogo de selección de ficheiro.

Seleccionar

Icona Seleccionar

Activa ou desactiva o modo Selección. Neste modo, pode seleccionar e editar os controis dunha caixa de diálogo.

Propiedades

Icona Propiedades

Abre unha caixa de diálogo para editar as propiedades do control seleccionado.

Activar o modo de proba

Icona Activar modo de probas

Inicia o modo de proba. Prema sobre a icona próxima para finalizar o modo de proba.

Xestión de idiomas

Icona Xestionar idioma

Abre un diálogo para activar ou xestionar múltiplos conxuntos de recursos de diálogo para multiplos idiomas.

Control de árbore

Icona Control de árbore

Engade un control de árbore qeu pode mostras unha lista xerárquica. Pode poboar a lista co seu programa, usando chamadas API (XtreeControl).

Control de táboas

Icona Control de táboa

Engade un control de táboas que pode mostrar os datos dunha táboa. Os datos pódense encher mediante o programa empregando chamadas á API.

Control de hiperligazóns

Icona Inserir control de hiperligazón

Engade un control de hiperligazóns que pode abrir un enderezo nun navegador web.

Precisamos da súa axuda!