Diálogo de importación

Chama por un diálogo «Abrir» para importar un ficheiro de diálogo en BASIC.

Se o diálogo importado tiver un nome xa existente na biblioteca, vese unha caixa de mensaxes na que se pode decidir renomear o diálogo importado. Neste caso, o diálogo recibe o nome do seguinte nome «automático» libre ao crear un diálogo novo. Ou tamén se pode substituír o diálogo existente co diálogo importado. Se se preme Cancelar, non se imprime o diálogo.

Os diálogos poden conter datos de localización. Ao importar un diálogo pódese producir unha discrepancia do estado de localización do diálogo.

Se a biblioteca contén idiomas adicionais comparado co diálogo importado, ou se o diálogo importando non estiver localizado, os idiomas adicionais son engadidos silenciosamente ao diálogo importado empregando as cadeas da localización por omisión do diálogo.

Se o diálogo importado contén idiomas adicionais comparados coa biblioteca, ou se non é posíbel localizar a biblioteca, vese unha caixa de mensaxe cos botóns Engadir, Omitir e Cancelar.

Icona

Importar cadro de diálogo

Axúdenos, por favor!