Macro

Abre a caixa de diálogo Macro, naque se poden crear, editar, organizar e executar macros no Basic de LibreOffice.

Nome de macro

Mostra o nome da macro seleccionada. Para crear ou modificar o nome dunha macro, introduza aquí un nome.

Macro de / Gardar macro en

Mostra as bibliotecas e módulos nos cales pode abrir ou gardar as súas macros. Para gardar unha macro cun documento específico, abra o documento e, a continuación, abra esta caixa de diálogo.

Executar / Gardar

Executa ou garda a macro actual.

Atribuír

Abre a caixa de diálogo Personalizar, onde pode atribuír a macro seleccionada a unha orde de menú, unha barra de ferramentas ou a un evento.

Editar

Inicia o editor de Basic de LibreOffice e abre a macro seleccionada para editala.

Novo / Eliminar

Crea unha macro nova ou elimina a que estea seleccionada.

Para crear unha nova macro, seleccione o módulo "Estándar" na lista Macro de e, a seguir, prema Novo.

Para eliminar unha macro selecciónea e prema en Eliminar.

Organizador

Abre a caixa de diálogo Organizador de macros, onde pode engadir, editar ou eliminar calquera módulo, caixa de diálogo ou biblioteca de macro existente.

Módulos / Diálogos

Mostra as macros e caixas de diálogo existentes.

Pode arrastrar e soltar un módulo ou unha caixa de diálogo das bibliotecas.

Para copiar un diálogo ou un módulo, manteña presionada a tecla mentres realiza arrastrar e soltar.

Editar

Abre a macro ou caixa de diálogo seleccionada para a súa edición.

Novo

Crea un novo módulo.

Crea un diálogo novo.

Separador Bibliotecas

Permite xestionar as bibliotecas de macros.

Localización

Seleccione a localización das bibliotecas de macros que desexa organizar.

Biblioteca

Mostra as bibliotecas de macros da localización escollida.

Editar

Abre o editor de LibreOffice Basic para modificar a biblioteca seleccionada.

Contrasinal

Atribúe ou edita o contrasinal da biblioteca seleccionada. As bibliotecas "Estándar" non poden ter contrasinal.

Novo

Crea unha biblioteca.

Nome

Introduza un nome para o novo módulo, caixa de diálogo ou biblioteca.

Anexar

Localice a biblioteca deo Basic de LibreOffice que desexa engadir á lista actual e, a continuación, prema en Abrir.

Precisamos da súa axuda!