Axuda do LibreOffice 25.2
Este glosario explica algúns termos técnicos cos que pode encontrarse ao traballar co Basic do LibreOffice.
No Basic do LibreOffice, as cores trátanse como un valor enteiro longo. O valor devolvido polas consultas de cores é sempre un valor enteiro longo. Ao definir propiedades pódense indicar cores empregando o seu código RGB, que é convertido nun valor enteiro longo empregando a función RGB.
Os URL (Localizadores Uniformes de Recursos) empréganse para determinar a situación dun recurso, como un ficheiro nun sistema de ficheiros, habitualmente dentro dun ambiente de rede. Un URL consiste nun especificador de protocolo, un especificador de servidor e un especificador de ficheiro e ruta:
protocolo://nome.do.servidor/ruta/ao/ficheiro.html
O uso máis habitual dos URL dáse na Internet para indicar páxinas web. Como exemplos de protocolos están http, ftp e file. O especificador do protocolo file emprégase para se referir a un ficheiro do sistema de ficheiros local.
A notación dos URL non permite a utilización de determinados caracteres especiais. Estes son substituídos por outros caracteres ou codificados. Como separador de rutas emprégase unha barra (/). Por exemplo, un ficheiro ao que se faga referencia como C:\O meu ficheiro.odt na máquina local na «notación de Windows» convértese en file:///C:/O%20meu%20ficheiro.odt na notación dos URL.
Ao converter números, LibreOffice Basic utiliza a configuración local do sistema para determinar o tipo de separador decimal e de millar.
Este comportamento ten efecto tanto na conversión implícita ( 1 + "2,3" = 3,3 ) como na función IsNumeric.
A twip is a screen-independent unit which is used to define the uniform position and size of screen elements on all display systems. A twip is 1/1440th of an inch or 1/20 of a printer's point. There are 1440 twips to an inch or about 567 twips to a centimeter.
As unidades Map AppFont son independentes do dispositivo e da resolución. Unha unidade Map AppFont é igual a un oitavo da altura media do carácter (Systemfont) e un cuarto da largura media do carácter.
No Basic do LibreOffice, un parámetro de método ou unha propiedade que esperen unha información de unidade poden ser indicados como expresión tanto de enteiros como de enteiros longos, sen unidade, ou como unha cadea de caracteres que conteña unha unidade. Se non se pasa ningunha unidade ao método, emprégase a unidade predeterminada definida para o documento activo. Se o parámetro se pasa como unha cadea de caracteres que conteña unha unidade de medida, a opción predeterminada é ignorada. A unidade de medida predeterminada para un tipo de documento pode ser configurada en - (Tipo de documento) - Xeral.