Tradución dos controis no cadro de diálogo do editor

A barra de ferramentas de idioma do editor de cadros de diálogo de IDE de Basic amosa os controis para activar e xestionar cadros de diálogo localizábeis.

De xeito predeterminado, calquera dialogo que cree só inclúe recursos de cadea para un idioma. Pode querer crear diálogos que mostren cadeas traducidas automaticamente segundo a configuración de idioma das opcións de usuario.

Para activar os diálogos localizábeis

  1. No editor de diálogos do IDE de Basic abra a barra de ferramentas Idioma escollendo Ver - Barras de ferramentas - idioma.

    Se a biblioteca actual xa contén un diálogo que se poda localizar, a barra de ferramentas Idioma aparece automaticamente.

  2. Prema a icona Xestionar os idiomas Xestionar a icona do idioma da barra de ferramentas Idioma ou da barra de ferramentas.

    Vese o diálogo Xestionar o idioma da interface do usuario. o diálogo xestiona os idiomas da biblioteca actual. O nome da biblioteca actual aparece na barra do título.

  3. Prema Engadir no diálogo para engadir a entrada dun idioma.

    Este paso permite que todos os diálogos novos conteñan recursos con cadeas localizábeis.

  4. A primeira vez que se preme Engadir vese o diálogo Estabelecer o idioma predeterminado da interface do usuario. As veces seguintes que se preme Engadir este diálogo ten como nome Engadir o idioma da interface do usuario.

    Tamén é posíbel cambiar o idioma predefinido no diálogo Xestionar o idioma da interface de usuario.

  5. Escolla un idioma.

    Isto engade recursos de cadeas de texto para conter as versións traducidas de todas as cadeas ás propiedades do diálogo. O conxunto das cadeas do diálogo na lingua predeterminada cópiase ao novo conxunto de cadeas. Posteriormente pode cambiar ao novo idioma e traducir entón as cadeas.

  6. Peche o diálogo ou engada idiomas adicionais.

Para editar os controles localizábeis no seu diálogo

Cando teña engadidos os recursos das cadeas localizábeis nos diálogos pode escoller o idioma actual na caixa coa lista Idioma Actual na barra de ferramentas Idioma.

  1. Cambiar a caixa de lista Idioma actual para presentar o idioma predeterminado.

  2. Insira a cantidade de controles que desexe no diálogo e escriba todas as cadeas que desexe.

  3. Escolla outro idioma no menú despregábel Idioma actual.

  4. Empregando os diálogos de propiedades dun control, edite todas as cadeas no outro idioma.

  5. Repita con todos os idiomas que engadiu.

O usuario do diálogo ha ver as cadeas do idioma da interface de usuario da versión do usuario do LibreOffice, caso vostede fornecese cadeas nese idioma.

De non haber ningún idioma que cadre coa versión do usuario, este verá as cadeas do idioma predeterminado.

Se o usuario tiver unha versión do LibreOffice que descoñeza os recursos de cadeas localizábeis dos diálogos en Basic, verá as cadeas do idioma predeterminado.

Precisamos da súa axuda!