Formatar bordos no Calc con macros

Ao empregar as linguaxes de programación Basic ou Python é posíbel escribir macros que apliquen formatos a intervalos de celas do Calc.

Formatar borods en intervalos de celas

O fragmento de código de abaixo crea unha sub chamada FormatCellBorder que aplica novos formatos de bordo a un intervalo dado da folla de Calc activa.


    Sub FormatCellBorder(cellAddress as String, newStyle as Byte, newWidth as Long, Optional newColor as Long)
        ' Crea o struct de UNO que almacena o novo formato de liña
        Dim lineFormat as New com.sun.star.table.BorderLine2
        lineFormat.LineStyle = newStyle
        lineFormat.LineWidth = newWidth
        If Not IsMissing(newColor) Then lineFormat.Color = newColor
        ' Obtén a cela de destino
        Dim oCell as Object
        Set oCell = ThisComponent.CurrentController.ActiveSheet.getCellRangeByName(cellAddress)
        ' aplica o novo formato a todos os bordos
        oCell.TopBorder = lineFormat
        oCell.RightBorder = lineFormat
        oCell.LeftBorder = lineFormat
        oCell.BottomBorder = lineFormat
    End Sub
  

A Sub descrita arriba toma catro argumentos:

Para invocar FormatCellBorder, cree unha macro nova e pase os argumentos desexados, como se mostra aquí abaixo:


    Sub MyMacro
        ' Fornece acceso ás constantes do estilo de liña
        Dim cStyle as Object
        Set cStyle = com.sun.star.table.BorderLineStyle
        ' Formata «B5» con bordos azuis continuos
        FormatCellBorder("B5", cStyle.SOLID, 20, RGB(0, 0, 255))
        ' Formata todos os bordos do intervalo «D2:F6» con bordos de puntos vermellos
        FormatCellBorder("D2:F6", cStyle.DOTTED, 20, RGB(255, 0, 0))
    End Sub
  

É posíbel implementar a mesma funcionalidade en Python:


    from uno import createUnoStruct
    from scriptforge import CreateScriptService
    
    def formatCellBorder(cellAddress, newStyle, newWidth, newColor=0):
        # Define o novo formato de liña
        line_format = createUnoStruct("com.sun.star.table.BorderLine2")
        line_format.LineStyle = newStyle
        line_format.LineWidth = newWidth
        line_format.Color = newColor
        # servizo de Scriptforge para acceder a intervalos de celas
        doc = CreateScriptService("Calc")
        cell = doc.XCellRange(cellAddress)
        cell.TopBorder = line_format
        cell.RightBorder = line_format
        cell.LeftBorder = line_format
        cell.BottomBorder = line_format
  

O fragmento de código de abaixo implementa unha macro chamada myMacro que invoca formatCellBorder:


    from com.sun.star.table import BorderLineStyle as cStyle
    
    def myMacro():
        bas = CreateScriptService("Basic")
        formatCellBorder("B5", cStyle.SOLID, 20, bas.RGB(0, 0, 255))
        formatCellBorder("D2:F6", cStyle.DOTTED, 20, bas.RGB(255, 0, 0))
  
note

O código en Python presentado arriba emprega a biblioteca ScriptForme, que está dispoñíbel desde a versión 7.2 do LibreOffice.


Estilos de liña

Os estilos de liña defínense como constantes enteiras. A táboa de abaixo lista as constantes para os estilos de liña dispoñíbeis en Formato - Celas - Bordos:

Nome da constante

Valor enteiro

Nome do estilo de liña

SOLID

0

Continua

DOTTED

1

Punteado

DASHED

2

Descontinuo

FINE_DASHED

14

Fina, descontinua

DOUBLE_THIN

15

Dobre delgada

DASH_DOT

16

Trazo-punto

DASH_DOT_DOT

17

Trazo punto punto


tip

Consulte a Referencia da constante BorderLineStyle na documentación da API de LibreOffice para máis detalles das constantes de estilos de liña.


Dar formato a bordos mediante TableBorder2

Os obxectos do intervalo posúen unha propiedade denominada TableBorder2 que pode utilizarse para dar formato aos bordos do intervalo tal como se fai no cadro de diálogo Formato - Celas - Bordos na sección Disposición das liñas.

Ademais dos bordos superior, inferior, esquerdo e dereito, TableBorder2 tamén define os bordos vertical e horizontal. A seguinte macro afecta só aos bordos superior e inferior do intervalo «B2:E5».


    Sub TableBorder2Example
        Dim cStyle as Object
        Set cStyle = com.sun.star.table.BorderLineStyle
        ' Define o novo formato de liña
        Dim lineFormat as New com.sun.star.table.BorderLine2
        lineFormat.LineStyle = cStyle.SOLID
        lineFormat.LineWidth = 15
        lineFormat.Color = RGB(0, 0, 0)
        ' Estrutura que almacena a nova definición de TableBorder2
        Dim tableFormat as New com.sun.star.table.TableBorder2
        tableFormat.TopLine = lineFormat
        tableFormat.BottomLine = lineFormat
        tableFormat.IsTopLineValid = True
        tableFormat.IsBottomLineValid = True
        ' Aplica o formato de táboa ao intervalo «B2:E5»
        Dim oCell as Object
        oCell = ThisComponent.CurrentController.ActiveSheet.getCellRangeByName("B2:E5")
        oCell.TableBorder2 = tableFormat
    End Sub
  

A macro pódese implementar en Python da seguinte maneira:


    from com.sun.star.table import BorderLineStyle as cStyle
    from scriptforge import CreateScriptService
    
    def tableBorder2Example():
        bas = CreateScriptService("Basic")
        line_format = createUnoStruct("com.sun.star.table.BorderLine2")
        line_format.LineStyle = cStyle.SOLID
        line_format.LineWidth = 18
        line_format.Color = bas.RGB(0, 0, 0)
        table_format = createUnoStruct("com.sun.star.table.TableBorder2")
        table_format.TopLine = line_format
        table_format.BottomLine = line_format
        table_format.IsTopLineValid = True
        table_format.IsBottomLineValid = True
        doc = CreateScriptService("Calc")
        cell = doc.XCellRange("B2:E5")
        cell.TableBorder2 = table_format
  
tip

Consulte a Referencia á estructura TableBorder2 na documentación da API de LibreOffice para máis información sobre os seus atributos.


Precisamos da súa axuda!