Axuda do LibreOffice 25.2
Access2Base é unha biblioteca de macros en BASIC de LibreOffice para usuarios avanzados e desenvolvedores de aplicacións (para negocios ou persoais). É unha das bibliotecas dispoñibles en «Macros da aplicación».
As funcionalidades fornecidas polas macros implementadas están todas inspiradas no Access da Microsoft. As macros pódense chamar principalmente desde unha apiación do Base do LibreOffice, mais tamén desde calquera documento do LibreOffice (Writer, Calc,...) no que teña sentido acceder a datos almacenados nunha base de datos.
A API fornecida por Access2Base pretende ser máis concisa, intuitiva e fácil de utilizar que a API estándar de UNO (API=Interface de Programación de Aplicativos).
A biblioteca está documentada na rede en http://www.access2base.com
unha API simplificada e extensíbel para a manipulación de formularios, diálogos e controis semellante ao modelo de obxectos do Access da Microsoft
unha API para acceder a bases de datos cos obxectos táboa, consulta, rexistro e campo
diversas accións cunha sintaxe idéntica á das macros/accións correspondentes do Access da Microsoft
as funcións de base de datos DLookup, DSum, ...
a compatibilidade coas notacións de atallo do tipo Forms!myForm!myControl
e ademais
un manipulador de erros e excepcións consistente
facilidades para programar eventos de formularios, diálogos e controles
a compatibilidade con formularios incorporados ou autónomos (Writer).
REM Open a form ...
OpenForm("myForm")
REM Move a form to new left-top coordinates ...
Dim ofForm As Object ' In VBA => Dim ofForm As Form
Set ofForm = Forms("myForm")
ofForm.Move(100, 200)
REM Get the value of a control ...
Dim ocControl As Object
ocControl = ofForm.Controls("myControl")
MsgBox ocControl.Value
REM Hide a control ...
ocControl.Visible = False
REM ... or alternatively ...
setValue("Forms!myForm!myControl.Visible", False) ' Shortcut notation
' In VBA => Forms!myForm!myControl.Visible = False