Bordos definidos polo usuario en documentos de texto

Pódense aplicar diferentes tipos de bordos ás celas seleccionadas ou en toda a táboa. Outros obxectos en documentos de texto tamén poden ter bordos definidos polo usuario. Por exemplo, pódense atribuír bordos para estilos de páxina, para marcos e para imaxes ou gráficas inseridas.

  1. Seleccione a cela ou bloque de celas na táboa de Writer

  2. Escolla Táboa - Propiedades.

  3. Prema no separador Bordos da caixa de diálogo.

  4. Escolla as opcións de bordo que desexa aplicar e prema en Aceptar.

As opcións da área Disposición de liña serven para aplicar diversos estilos de bordo.

Selección de celas

Dependendo da selección de celas, a área terá unha aparencia ou outra.

Selección

Área Disposición de liñas

Unha cela seleccionada nunha táboa de máis dunha cela, ou un cursor dentro dunha táboa sen cela seleccionada.

bordo dunha cela

Táboa dunha única cela coa cela seleccionada

bordo dunha cela seleccionada

Celas na columna seleccionada

bordo dunha columna seleccionada

Celas na fila seleccionada

bordo dunha fila seleccionada

Unha táboa completa de 2x2 ou máis celas seleccionadas

bordo dun bloque seleccionado


Configuración predefinida

Prema nunha das iconas Predefinido para definir ou restabelecer bordos múltiplos.

Exemplos

Seleccione un bloque de 8x8 celas aproximadamente e escolla Formato - Celas - Bordos.

iconas predeterminadas para os bordos

Agora pode continuar a ver que liñas serán definidas ou eliminadas mediante o resto das iconas.

Configuración definida polo usuario

Pode definir ou eliminar liñas individuais na área Definido polo usuario. A visualización mostra as liñas en tres estados diferentes.

Para alternar entre os tres estados prema repetidamente nun bordo ou nun canto.

Tipos de liña

Imaxe

Significado

Unha liña negra

liña continua para o bordo

A liña correspondente das celas seleccionadas defínea unha liña negra. Cando se escolle o estilo de 0.05 pt móstrase unha liña punteada e cando se selecciona o estilo de liña dupla móstranse liñas duplas.

Unha liña gris

liña gris para o bordo

Móstrase unha liña gris se non se modifica a liña correspondente das celas seleccionadas. Non será definida ou eliminada ningunha liña nesta posición.

Unha liña branca

liña branca para o bordo

Cando se elimina a liña correspondente das celas seleccionadas móstrase unha liña branca.


Exemplos

  1. Seleccione unha única cela nunha táboa de Writer e escolla Táboa - Propiedades - Bordos.

  2. Seleccione un estilo de liña grosa.

  3. Para definir un bordo inferior, prema a marge inferior varias veces ata ver a liña grosa.

configurar bordo inferior espeso

Icona Nota

Nas táboas de Writer, todas as celas teñen por defecto polo menos unha liña á esquerda e abaixo. Con todo, a maior parte das celas situadas no perímetro da táboa teñen predefinidas máis liñas.


Icona Aviso

Todas as liñas mostradas en branco na visualización serán eliminadas da cela.


Definir os bordos dos caracteres

Definir os bordos das páxinas

Defining Borders for Paragraphs

Precisamos da súa axuda!