Definir cores ou imaxes de fondo

Podes establecer unha cor de fondo ou usar un gráfico como un fondo para varios obxectos no LibreOffice Writer.

Para aplicar un plan de fondo aos caracteres do texto

  1. Seleccione os caracteres.

  2. Escolla Formato - Carácter.

  3. Seleccione a cor do fondo no separador Fondo.

Para aplicar un plan de fondo a un parágrafo

  1. Posicione o cursor no parágrafo ou seleccione varios parágrafos.

  2. Escolla Formato - Parágrafo.

  3. No separador Fondo, seleccione a cor ou imaxe de fondo.

Icona Suxestión

Para seleccionar un obxecto no fondo, manteña premida a tecla e prema no obxecto. Tamén pode usar o navegador para seleccionar o obxecto.


Para aplicar un plan de fondo para todo ou parte dunha táboa

  1. Posicione o cursor nunha táboa do documento de texto.

  2. Escolla Táboa - Propiedades.

  3. No separador Fondo, seleccione a cor ou imaxe de fondo.

  4. Na caixa Para escolla se desexa aplicar a cor ou imaxe á cela actual, á fila ou a toda a táboa. Se selecciona varias celas ou filas antes de abrir a caixa de diálogo, o cambio aplicarase á selección.

Icona Suxestión

Tamén pode usar unha icona para aplicar un plan de fondo para as partes da táboa.


Precisamos da súa axuda!