Utilización do texto automático
LibreOffice Writer permite almacenar textos - inclusive os que conteñen imaxes, táboas e campos - como texto automático, para máis tarde poder inserilos rapidamente. Se o desexa, tamén pode almacenar texto formato.
Para inserir unha entrada de texto automático
-
Seleccione o texto, o texto con imaxes, a táboa ou o campo que desexe gardar como entrada de texto automático. As imaxes só se poden almacenar se están Áncoradas como caracteres e se encontran precedidas e seguidas de, polo menos, un carácter de texto.
-
Escolla
. -
Seleccione a categoría en que desexa almacenar o texto automático.
-
Introduza un nome con máis de catro caracteres. Isto permite usar a opción de texto automático Mostrar o resto do nome como suxestión ao comezar a teclealo. Se quere, pode modificar o atallo suxerido.
-
Prema en Texto automático e, a seguir, escolla Novo.
-
Prema no botón Pechar.
Para inserir unha entrada de texto automático
-
Prema no documento onde desexa inserir unha entrada de texto automático.
-
Escolla Editar - Texto automático.
-
Seleccione o texto automático que desexa inserir e prema en
.
Tamén pode teclear o atallo para unha entrada de texto automático, e logo prema F3, ou prema na frecha á carón da icona do
na barra , e despois escolla unha entrada de Texto automático.Para inserir rapidamente unha fórmula de LibreOffice Math, escriba fn e prema F3. Se insire máis dunha fórmula, as fórmulas numeraranse secuencialmente. Para inserir texto ficticio escriba dt e prema F3.
Para imprimir unha lista de entradas de texto automático
-
Escolla Ferramentas - Macros - Organizar macros - LibreOffice Basic.
-
No contro de árbore Macro de, seleccione Macros de LibreOffice - Trucos - Texto automático.
-
Seleccione "Main " no macros existentes en: Texto automático lista e prema en Executar. Unha lista de entradas de texto automático actuais se xera nun documento de texto separado.
-
Escolla Ficheiro - Imprimir.
Utilización de texto automático en instalacións de rede
Pode almacenar entradas de texto automático en diferentes cartafol dunha rede.
Por exemplo, pode almacenar entradas "só de lectura" para a súa empresa nun servidor central e entradas de texto automático definidas polo usuario nun cartafol local.
Os camiños dos cartafol de texto automático poden ser editados na configuración.
Lístanse dous cartafoles. A primeira entrada está na instalación do servidor e a segunda no cartafol do usuario. Se existen dúas entradas de texto automático co mesmo nome nos dous cartafoles, úsase a entrada do cartafol do usuario.