Verificación ortográfica automática

Se o desexa, LibreOffice pode verificar a ortografía automaticamente mentres escribe, subliñando cunha liña ondulada vermella as palabras que presenten posíbeis erros ortográficos.

Para comprobar a ortografía automaticamente mentres escribe

  1. Escolla Ferramentas - Corrección ortográfica automática.

  2. Prema co botón dereito do rato nunha palabra subliñada cunha liña ondulada vermella e, a seguir, escolla na lista ou no submenú Corrección automática entre as palabras suxeridas como substitución.

Se escolle unha palabra do submenú Corrección automática, a palabra subliñada e a súa substituta engádense automaticamente á lista de corrección automática do idioma actual. Para ver a lista de corrección automática, escolla Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática e prema na lapela Substituír.

Tamén pode engadir a palabra subliñada ao dicionario personalizado escollendo Engadir.

Para eliminar palabras do corrector ortográfico

  1. Seleccione as palabras que desexe excluír.

  2. Prema o control de idioma na barra de estado para abrir un menú.

  3. Escolla «Ningún (Non comprobar ortografía».

Crear dicionarios.

Engadir excepcións á lista de corrección automática

Comprobar Ortografía e Gramática

Precisamos da súa axuda!