Cela

Cando se garda un documento con campos como HTML, LibreOffice converte automaticamente os campos Data, Hora e Información do documento en etiquetas HTML especiais. O contido dos campos insírese entre as etiquetas HTML de abertura e pechamento dos campos convertidos. Estas etiquetas non se corresponden coas HTML estándar.

Nos documentos HTML, os campos de LibreOffice Writer están identificados coa etiqueta <SDFIELD>. O tipo de campo, o formato e o nome do campo especial inclúense na etiqueta HTML de abertura. O formato dunha etiqueta de campo recoñecida por un filtro HTML depende do tipo de campo.

Campos de data e hora

Nos campos "Data" e "Hora", o parámetro TYPE equivale a DATETIME. O formato da data ou da hora especifícase mediante o parámetro SDNUM; por exemplo, DD:MM:AA para as datas ou HH:MM:SS para a hora.

Nos campos de data e hora fixa, a data ou hora especifícase mediante o parámetro SDVAL.

A táboa seguinte mostra exemplos de etiquetas HTML especiais de data e hora que LibreOffice recoñece como campos:

Campos

Etiqueta LibreOffice

A Data é fixa

<SDFIELD TYPE=DATETIME SDVAL="35843,4239988426" SDNUM="1031;1031;DD/MM/AA">17/02/98</SDFIELD>

A Data é variábel

<SDFIELD TYPE=DATETIME SDNUM="1031;1031;DD/MM/AA">17/02/98</SDFIELD>

A Hora é fixa

<SDFIELD TYPE=DATETIME SDVAL="35843,4240335648" SDNUM="1031;1031;HH:MM:SS">10:10:36</SDFIELD>

A Hora é variábel

<SDFIELD TYPE=DATETIME SDNUM="1031;1031;HH:MM:SS">10:10:36</SDFIELD>


Campos Información do documento

No caso dos campos Información do documento, o parámetro TYPE equivale a DOCINFO. O parámetro SUBTYPE mostra o tipo de campo específico, por exemplo, do campo "Creado", SUBTYPE=CREATE. Nos campos Información do documento de data e hora, o parámetro FORMAT equivale a DATE ou TIME, e o parámetro SDNUM indica o formato de número utilizado. O parámetro SDFIXED indica se o contido do campo é fixo ou non.

O contido dun campo fixo de data ou hora equivale ao parámetro SDVAL ou entón ao texto existente entre as etiquetas HTML SDFIELD.

A táboa seguinte mostra exemplos de etiquetas HTML especiais dos campos Información do documento que LibreOffice recoñece como campos:

Campos

Etiqueta LibreOffice

Descrición (contido fixo)

<SDFIELD TYPE=DOCINFO SUBTYPE=COMMENT SDFIXED>Descrición</SDFIELD>

Data de creación

<SDFIELD TYPE=DOCINFO SUBTYPE=CREATE FORMAT=DATE SDNUM="1031;1031;TT AA">1º Trimestre 98</SDFIELD>

Hora de creación (contido fixo)

<SDFIELD TYPE=DOCINFO SUBTYPE=CREATE FORMAT=TIME SDVAL="0" SDNUM="1031;1031;HH:MM:SS AM/PM" SDFIXED>03:58:35 PM</SDFIELD>

Data de modificación

<SDFIELD TYPE=DOCINFO SUBTYPE=CHANGE FORMAT=DATE SDNUM="1031;1031;NN DD MMM, AA">Lu 23 Feb, 1998</SDFIELD>


Precisamos da súa axuda!