Cela

Insire un campo na posición actual do cursor O diálogo lista todos os campos dispoñíbeis.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Campos - Outros campos

+F2

Na barra de ferramentas Inserir, prema en

Icona

Inserir campos


Sobre os campos

Cela

Os campos úsanse para inserir información sobre o documento en uso, como por exemplo, o nome do ficheiro, o modelo, estatísticas, datos do usuario, data e hora.

Referencias cruzadas

Este é o lugar no que inserir as referencias ou campos referidos do documento actual. As referencias son campos referidos do mesmo documento ou en sub-documentos dun documento principal.

A vantaxe de inserir unha referencia cruzada como campo é que non precisa axustar as referencias manualmente cada vez que modifica o documento. Chega con actualizar os campos coa tecla F9, e as referencias actualízanse tamén.

Outros

Dependendo do tipo de campo seleccionado pódenselle asignar condicións a determinadas funcións. Por exemplo, pódese definir un campo que execute unha macro ao premer o campo no documento, ou unha condición que, cando se cumpra, agoche un campo. Tamén se poden definir campos de marcadores de posición que insiran gráficas, táboas, marcos e outros obxectos no documento cando for preciso.l

Información do documento

Os campos Información do documento conteñen información acerca das propiedades do documento, como a data na que o foi creado. Para ver as propiedades dun documento, escolla Ficheiro - Propiedades.

Cela

Os campos de variábeis permiten engadir contido dinámico ao documento. Pódese, por exemplo, usar unha variábel para restaurar a numeración das páxinas.

Cela

Pódense inserir campos de calquera base de datos, por exemplo, campos de enderezo, no documento.

Inserir

Insire o campo seleccionado na posición actual do cursor no documento. Para pechar a caixa de diálogo, prema no botón Pechar.

Precisamos da súa axuda!