Outros

Insire unha nota a rodapé ou unha nota final no documento. A áncora da nota insírese na posición actual do cursor. Pode escoller entre numeración automática ou un símbolo personalizado.

O seguinte aplícase tanto ás notas a rodapé como ás notas finais.

As notas a rodapé insírense no final da páxina e as notas finais insírense no final do documento.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Nota a rodapé e nota final - Nota a rodapé ou nota final

Abra o menú contextual - escolla Nota a rodapé/Nota final (Nota a rodapé/Nota final inserida)

Abra a barra de ferramentas Inserir e prema en

Icona

Inserir directamente nota ao pé de páxina


Numeración

Seleccione o tipo de numeración que desexa utilizar para as notas ao pé de páxina e ao final.

Automático

Atribúe automaticamente números consecutivos ás notas a rodapé ou notas ao final que insira. Para cambiar os axustes para numeración automática, escolla Ferramentas - Notas a rodapé/Nota final .

Carácter

Escolla esta opción para definir un carácter ou símbolo para a nota a rodapé actual. Pode ser tanto unha letra como un número. Para asignar un carácter especial prema o botón que hai no fondo.

Escoller

Insire un carácter especial como áncora de nota a rodapé ou final.

Tipo

Seleccione se quere unha nota a rodapé ou ao final. A numeración das notas ao final é independente da numeración das notas a rodapé.

Nota a rodapé

Insire unha áncora de nota na posición actual do cursor no documento e engade unha nota a rodapé na parte inferior da páxina.

Nota ao final

Insire unha áncora nota final na posición actual do cursor no documento eengade unha nota de fin ao final do documento.

Consellos para traballar con notas a rodapé .

Precisamos da súa axuda!