Outros

Define as propiedades da sección.

Para acceder a esta orde...

Escolla a lapela Inserir - Sección ou escolla Formato - Seccións


Nova sección

Escriba un nome para a nova sección. Por omisión, LibreOffice asígnalle automaticamente o nome de «Sección X» ás seccións novas, onde X é un número consecutivo.

Ligazón

Ligazón

Insire o contido doutro documento ou sección na sección actual.

DDE

Crea unha conexión DDE . Marque esta caixa de opción e, a seguir, escriba a orde de DDE que desexe usar. A opción DDE só está dispoñíbel se a opción Ligazón estiver marcada.

A sintaxe xeral dunha orde DDE é: "<Servidor><Tema><Elemento>". O servidor é o nome DDE do aplicativo que contén os datos, o tema refírese á localización do elemento (xeralmente, o nome do ficheiro) e o elemento representa o obxecto propiamente dito.

Por exemplo, para inserir unha sección chamada «Sección1» dun documento de texto abc.odt de LibreOffice como ligazón DDE, empregue a orde: «soffice x:\abc.odt Sección1». Para inserir o contido da primeira cela dun ficheiro de folla de cálculo de Microsoft Excel chamada «abc.xls», empregue a orde: «excel x:\[abc.xls] Sheet1 z1s1». Tamén se poden copiar os elementos que se queira inserir como ligazón DDE e despois Editar - Pegado especial. Entón pódese ver a orde de DDE da ligazón seleccionando o contido e escollendo Editar - Campos.

Nome do ficheiro

Introduza a ruta e o nome de ficheiro do ficheiro que desexe inserir ou prema no botón Navegar para localizar o ficheiro.

Explorar

Localice o ficheiro que desexe inserir como ligazón e a seguir prema en Inserir.

Sección

Seleccione a sección do ficheiro que desexe inserir como ligazón.

Cando se abre un documento con seccións ligadas, pídese que se actualicen as ligazóns.

Protección contra escrita

Protexer

Impide que a sección seleccionada sexa editada.

Con contrasinal

Protexe a sección seleccionada cun contrasinal. O contrasinal debe ter como mínimo cinco caracteres.

Contrasinal

Abre un diálogo onde pode cambiar o contrasinal actual.

Ocultar

Ocultar

Oculta e impide que a sección seleccionada sexa impresa. Os compoñentes das seccións ocultas aparecen en gris no Navegador. Ao colocar o rato sobre un compoñente oculto no Navegador, aparece a información de axuda «oculto».

Icona Nota

Non é posíbel ocultar unha sección se é o único compoñente dunha páxina, cabeceira, pé de páxina, nota a rodapé, marco ou cela de táboa.


Con condición

Introduza a condición que debe ser cumprida para ocultar a sección. A condición é unha expresión lóxica, como "SALUTATION EQ Sr.". Por exemplo, se usa a funcionalidade de formulario de carta de combinación de correspondencia para definir un campo de base de datos chamado «Saúdo» que conteña «Sr.», «Sra.» ou «Don/a», pode indicar que unha sección só se imprima se o saúdo é «Sr.».

Outro exemplo sería crear a variábe lde campo "x" e definir o seu valor como 1. Especifique unha condición baseada nesta variábel para ocultar unha sección, como "x eq 1". Se quere mostrar a sección, defina o valor da variábel "x" como "0".

Propiedades

Esta área da caixa de diálogo só se ve nos documentos XForms.

Editábel en documento só de lectura

Seleccione esta opción para permitir a edición do contido da sección mesmo cando o documento está aberto en modo só de lectura.

Cela

Sintaxe para condicións

Precisamos da súa axuda!