Texto automático

Crea, edita ou insire texto automático. Pode almacenar texto formatado, texto con gráficos, táboas e campos como texto automático. Para inserir rapidamente texto automático, escriba a ligazón ao texto automático no documento e prema F3.

Icona Suxestión

Tamén pode premer na frecha que está ao lado da icona de texto automático na barra Inserir, e despois escoller o texto automático que quere inserir.


Para acceder a esta orde...

Escolla Ferramentas - Texto automático

+F3

Na barra de ferramentas Inserir, prema en

Icona

Texto automático


Utilización do texto automático

Texto automático

A caixa de diálogo texto automático lista as categorías de texto automático e entradas.

Mostrar o resto do nome como suxestión ao comezar a teclealo

Mostra unha suxestión para completar a palabra como consello de axuda logo de escribir as tres primeiras letras dunha palabra que corresponda a unha entrada de texto automático. Para aceptar a suxestión, prema en Intro. Se máis de unha entrada de texto automático corresponde ás letras que escriba, prema Ctrl+Tab para avanzar polas entradas. Por exemplo, para inserir texto inventado, escriba «Dum» e prema Intro.

To display the list in reverse order, press +Shift+Tab.

Nome

Lista o nome da entrada de texto automático seleccionada no momento. Se ten seleccionado texto do documento, escriba o nome da nova entrada de texto automático, prema no botónTexto automático e seleccione Nova.

Atallo de teclado

Mostra o atallo para a entrada de texto automático seleccionada. Se está creando unha entrada de texto automático nova, escriba a ligazón que quere empregar para a entrada.

Caixa de lista

Presenta as categorías de texto automático. Para ver as entradas de texto automático nunha categoría, prema dúas veces na categoría ou prema no signo máis (+) diante da categoría. Para inserir unha entrada de texto automático no documento actual, seleccione a entrada da lista e prema en Inserir .

Icona Suxestión

Pode arrastrar e soltar entradas de texto automático dunha categoría a outra.


Inserir

Insire o texto automático seleccionado no documento.

Icona Nota

Cando se insire nun parágrafo unha entrada de texto automático non formatada, formátase co estilo do parágrafo.


Pechar

Pecha a caixa de diálogo e garda todas as modificacións.

Texto automático

Prema para mostrar ordes adicionais de texto automático, como por exemplo para crear unha entrada de texto automático nova a partir dunha selección de texto no documento actual.

Novo

Crea unha entrada de texto automático nova a partir da selección feita no documento actual. A entrada engádese á categoría de texto automático seleccionada no momento. Hai que escribir un nome antes de ver esta orde.

Novo (só texto)

Crea unha entrada de texto automático nova a partir da selección feita no documento actual. A entrada engádese á categoría de texto automático seleccionada no momento. Hai que escribir un nome antes de ver esta orde.

Copiar

Copia o texto automático seleccionado para o portapapeis.

Substituír

Substitúe o contido da entrada de texto automático seleccionada coa selección que se fixo no documento actual.

Renomear

Abre o Renomear texto automático, na cal pode alterar o nome da entrada de texto automático seleccionada.

Eliminar

Elimina os elementos seleccionados despois da confirmación.

Editar

Abre a entrada de texto automático seleccionada para edición nun documento separado. Faga os cambios que desexe, escolla Ficheiro - Gardar texto automático e escolla Ficheiro - Pechar.

Macro

Abre o Asignar Macro, na cal se achega unha macro á entrada de texto automático seleccionada.

As macros que están ligadas a algunhas das entradas fornecidas tamén se poden utilizar nas entradas de texto automático creadas polo usuario coa opción «Só texto». Por exemplo, ao inserir a cadea <campo:empresa> nunha entrada de texto automático, LibreOffice substitúea polo contido do campo correspondente da base de datos.

Importar

Abre un diálogo no que pode seleccionar o documento ou modelo de MS Word 97/2000/XP que conteña as entradas de texto automático que desexe importar.

Categorías

Engade, renomea ou elimina as categorías de texto automático.

Editar categorías

Engade, renomear ou exclúe as categorías de textoautomático.

Categoría

Mostra o nome da categoría de texto automático seleccionada. Para cambiar o nome da categoría, introduza un novo nome e prema en Renomear. Para crear unha nova categoría, escriba un nome e prema en Nova.

Camiño

Mostra ocamiño actual ao directorio onde os arquivos da categoría de textoautomático seleccionados son almacenados. Se está creando unha categoría detexto automático, seleccione onde quere almacenar os arquivos da categoría.

Novo

Crea unha categoría de texto automático nova usando o nome que introduciu na caixa de diálogo Nome.

Renomear

Cambia o nome da categoría de texto automático seleccionada para o nome que introduciu na caixa de diálogo Nome.

Lista de selección

Lista as categorías de texto automático existentes e os camiños correspondentes.

Eliminar

Elimina os elementos seleccionados sen solicitar unha confirmación.

Camiño

Abre a caixa de diálogo Editar rutas, onde pode seleccionar o directorio para almacenar texto automático.

Para engadir unha ruta nova a un directorio de texto automático, prema no botón Ruta na caixa de diálogo Texto automático .

Gardar ligazóns relativas a

Utilice esta área para definir a forma como LibreOffice insire ligazóns no cartafol de texto automático.

Sistema de ficheiros

As ligazóns aos directorios de texto automático no seu ordenador son relativas.

Internet

As ligazóns a ficheiros na Internet son relativas.

Precisamos da súa axuda!