Combinación de correspondencia

O diálogo Combinación de correspondencia axuda a imprimir e gardar cartas modelo.

Para acceder a esta orde...

Insira cando menos un campo de enderezo da base de datos nun documento de texto, e inicie a impresión do documento. Responda "Si" á pergunta de se quere imprimir unha carta formulario.


Durante a impresión, a información da base de datos substitúe os campos correspondentes da base de datos (marcadores de posición). Para máis información sobre a inserción de campos de base de datos, consulte a lapela sobre Bases de datos en Inserir - Campos - Máis campos.

Rexistros

Determina o número de rexistros para a impresión de cartas modelo. Imprimirase unha carta para cada rexistro.

Todo

Procesa todos os rexistrosda base de datos.

Rexistros seleccionados

Procesa só os rexistrosmarcados da base de datos. Esta opción só está dispoñíbel cando antes semarcasen os rexistros necesarios na base de datos.

Desde:

indique o número do primeiro rexistro que quere imprimir.

Ata:

Indique o número do derradeiro rexistro que quere imprimir.

Saída

Determina se as cartas modelo deben enviarse á impresora ou gardarse nun ficheiro.

Impresora

Imprime as cartas

Ficheiro

Garda o formulario dascartaas en ficheiros.

Gardar como documento único

Crear un documento grande que conteña todos os rexistros de datos.

Gardar como documentos individuais

Crear un documento para cada rexistro de datos.

Xerar o nome do ficheiro a partir da base de datos

Xerar o nome de cada ficheiro a partir dos datos contidos na base de datos.

Campo

Usa o contido do campo de datos seleccionado como nome do ficheiro para a carta.

Camiño

Especifica o camiño para almacenar as cartas

...

Abre o diálogo Seleccionar ruta.

Formato de ficheiro

Seleccione o formato de ficheiro no que almacenar o documento resultante.

Crear cartas modelo

Asistente de combinación de correspondencia

Inicia o Asistente de combinación de correspondencia para crear cartas de formulario ou enviar mensaxes de correspondencia electrónico a varios destinatarios.

Precisamos da súa axuda!