Ver
Configura a presentación da escala e define os elementos que queres que sexan visíbeis. A maioría das ordes que pode introducir na xanela Ordes tamén son accesíbeis mediante un clic de rato se xa ten aberta a xanela de Elementos de fórmula con Ver - Elementos da fórmula.
Zoom
Máis zoom
Aumenta un 25% a escala de visualización de fórmula. A escala de zoom móstrase na barra de estado. Tamén pode alterar a escala no menú de contexto da barra de estado. O menú de contexto da área de traballo tamén contén opcións de zoom.
Menos zoom
Diminúe un 25% a escala de visualización de fórmulas. A escala de zoom móstrase na barra de estado. Tamén pode alterar a escala no menú de contexto da barra de estado. O menú de contexto do espazo de traballo tamén ten opcións de zoom.
Mostrar todo
Mostra a fórmula completa no maior tamaño posíbel para que se inclúan todos os elementos. Auméntase ou redúcese a fórmula de xeito que todos os seus elementos poidan mostrarse na área de traballo. O factor de ampliación actual móstrase na barra de estado. Pódese acceder a unha selección das opcións de ampliación dispoñíbeis no menú de contexto O menú de contexto da área de traballo tamén contén ordes de ampliación. As ordes e iconas de ampliación só están dispoñíbeis nos documentos de Math, non nos obxectos de Math incrustados.
Actualizar
Esta orde actualiza a fórmula na xanela de documento.
Os cambios efectuados na xanela Ordes actualízanse automaticamente se a opción Actualizar automaticamente visualización está activada.
Escolla esta orde para actualizar automaticamente unha fórmula modificada. Se non selecciona esta opción, a fórmula só será actualizada se escolle Ver - Actualizar e preme en F9.
Elementos
Esta é unha lista de operadores, funcións, símbolos e opcións de formato que se poden inserir na fórmula.
Abrir
Shows or hides the menus and toolbars in Writer or Calc. To exit the full screen mode, click the Full Screen button or press the Esc key.