Espazamento

Utilice esta caixa de diálogo para determinar o espazamento entre os elementos da fórmula. O espazamento especifícase como porcentaxe en relación ao tamaño de base definido en Formato - Tamaño de tipos de letra.

Para acceder a esta orde...

Escolla Formato - Espazamento


Caixa de diálogo Espazamento

Use o botón Categoría para determinar o elemento da fórmula para o que desexa especificar o espazamento. A aparencia da caixa de diálogo depende da categoría que seleccione . Unha xanela de previsualización mostra o espazamento que está a ser modificado mediante as correspondentes caixas.

Categoría

Este botón permite seleccionar a categoría para a que desexa alterar o espazamento.

Espazamento

Define o espazamento entre variábeis e operadores, entre liñas, e entre sinais de raíz e radicandos.

Espazamento

Define o espazamento entre variábeis e operadores.

Espazamento entre liñas

Determina o espazamento entre liñas.

Espazamento de raíz

Determina o espazamento entre o sinal de raíz cadrada e os radicais.

Índices

Define o espazamento de superíndices e subíndices.

Superíndice

Determina o espazamento dos superíndices.

Subíndice

Determina o espazamento dos índices subscritos.

Fraccións

Define o espazamento entre a barra de fracción e o numerador ou denominador.

Numerador

Determina o espazamento entre a barra de fracción e o numerador.

Denominador

Determina o espazamento entre a barra de fracción e o denominador.

Barras de fracción

Define a lonxitude excedente e o grosor da liña da barra de fracción.

Lonxitude excedente

Determina o tamaño excedente da liña de fracción.

Grosor

Determina a altura da liña de fracción.

Límites

Define o espazamento entre o símbolo de suma e as condición de límite.

Límite superior

Determina o espazamento entre o símbolo de suma e o límite superior.

Límite inferior

Determina o espazamento entre o símbolo de suma e o límite inferior.

Parénteses

Define o espazamento entre as parénteses e o contido.

Tamaño excedente (esquerda/dereita)

Determina a distancia vertical entre o bordo superior do contido e a extremo superior das parénteses.

Espazamento

Determina a distancia horizontal entre o contido e o extremo superior das parénteses.

Escalar todas as parénteses

Escala todas as parénteses. Se introduce ( a over b) na xanela Ordes, as parénteses envolverán toda a altura do argumento. Normalmente este efecto obtense ao inserir left ( a over b right ).

Tamaño excedente

Axusta o tamaño da porcentaxe excedente. Ao 0 por cento, as parénteses defínense de modo que envolvan o argumento na mesma altura. Canto maior sexa o valor inserido, maior será o intervalo vertical entre o contido dos parénteses e o seu bordo exterior. O campo só pode usarse combinado coa opción Dimensionar todos os parénteses.

Matrices

Define o espazamento relativo dos elementos nunha matriz.

Espazamento entre liñas

Determina o espazamento entre os elementos da matriz nunha liña.

Espazamento entre columnas

Determina o espazamento entre os elementos da matriz nunha columna.

Símbolos

Define o espazamento dos símbolos en relación ás variábeis

Altura principal

Define a altura dos símbolos en relación á liña base.

Espazamento mínimo

Determina a distancia mínima entre un símbolo e unha variábel.

Operadores

Define o espazamento entre os operadores e as variábeis ou números.

Tamaño excedente

Determina a altura desde a variábel ata o bordo superior do operador.

Espazamento

Determina a distancia horizontal entre operadores e variábeis.

Bordos

Engade un bordo á fórmula. Esta opción é especialmente útil se desexa integrar a fórmula nun ficheiro de texto de Writer. Na configuración asegúrese de non usar 0 como tamaño, pois crea problemas de visualización do texto que envolve o punto de inserción.

Esquerda

O bordo esquerdo sitúase entre a fórmula e o fondo.

Dereita

O bordo dereito sitúase entre a fórmula e fondo.

Superior

O bordo superior sitúase entre a fórmula e fondo.

Inferior

O bordo inferior sitúase entre a fórmula e fondo.

Previsualizar campo

Mostra unha previsualización da selección actual.

Predefinido

Garda os cambios como configuración predefinida para as fórmulas novas. Antes de gardar os cambios pedirase, por seguranza, que os confirme.

Caixa de diálogo Gravar predeterminada

Precisamos da súa axuda!