Elementos

Esta é unha lista de operadores, funcións, símbolos e opcións de formato que se poden inserir na fórmula.

Algúns exemplos mostran o intervalo de operacións.

A xanela Selección divídese en dúas partes. Ao premer nun símbolo na parte superior da xanela, móstranse na metade inferior os símbolos subordinados.

Pode acceder ás mesmas funcións en submenús a través do menú de contexto da xanela Ordes.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ver - Elementos de formula


Operadores unarios/binarios

Pode escoller diversos operadores unarios e binarios para construír a súa fórmula co Math de LibreOffice. Unario refírese a operadores que afectan a un marcador de posición. Binario refírese a operadores que conectan dous marcadores de posición. A zona inferior do panel Elementos mostra os operadores individuais. O menú de contexto da xanela Ordes tamén contén unha lista destes operadores, así como operadores adicionais. Se precisa dun operador que non apareza no panel Elementos, empregue o menú de contexto ou escríbao directamente na xanela Ordes.

Relacións

Pode escoler entre varias relacións para estruturar a súa fórmula do Math do LibreOffice. As funcións de relación móstranse na parte inferior do panel Elementos. A lista está tamén no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera relación non contida no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrita manualmente na xanela Ordes.

Operacións de conxunto

Asigne diferentes operadores de conxunto aos caracteres da fórmula do Math do LibreOffice. Os operadores individuais aparecen na sección inferior do panel Elementos. Chame polo menú de contexto na xanela Ordes para ver unha lista idéntica das funcións individuais. Calquera operador que non apareza no panel Elementos ten que ser introducido directamente na xanela Ordes. Tamén é posíbel inserir directamente outras partes da fórmula mesmo se os seus símbolos xa existisen.

Funcións

Escolla unha función na parte inferior do panel Elementos. Estas funcións enuméranse tamén no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera función non contida no panel Elementos ten que ser escrita manualmente na xanela Ordes.

Operadores

Pode escoller entre varios operadores para estruturar a súa fórmula do Math do LibreOffice. Todos os operadores dispoñíbeis aparecen na parte inferior do panel Elementos. Enuméranse tamén no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera relación non contida no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrita manualmente na xanela Ordes.

Attributes

Pode escoller entre varios atributos para as fórmulas do Math do LibreOffice. Algúns dos atributos móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estes atributos tamén se enumeran no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera atributo non contido no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrito manualmente na xanela Ordes.

Parénteses

Pode escoller entre varios tipos de parénteses para estruturar unha fórmula no Math do LibreOffice. Os tipos de parénteses móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estes parénteses tamén se enumeran no menú de contexto da xanela Ordes. Calquera paréntese non contido no panel Elementos ou no menú de contexto pode ser escrito manualmente na xanela Ordes.

Formato

Pode escoller entre varias opcións para formatar unha fórmula no Math do LibreOffice. As opcións de formato móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estas opcións tamén se enumeran no menú de contexto da xanela Ordes.

Outros símbolos

Mostra diversos símbolos matemáticos.

Exemplos de LibreOffice Math

Esta é unha lista de exemplos de fórmulas de LibreOffice Math.

Táboas de referencia de fórmulas

Esta sección de referencia contén listas de moitos operadores, funcións, símbolos e atributos de formato dispoñíbeis no Math do LibreOffice. Moitas das ordes que aparecen poden inserirse empregando as iconas da xanela Elementos ou o menú de contexto da xanela Ordes.

Precisamos da súa axuda!