Cargar estilos de liña e de frecha

Pode usar os estilos para organizar tipos semellantes de liñas e de frechas. LibreOffice fornece algúns ficheiros de estilo estándar que poden cargarse e usarse no documento. Se o desexa, pode engadir ou eliminar elementos dos ficheiros de estilo, ou mesmo crear ficheiros de estilo personalizados.

Para cargar un ficheiro de estilos de liña:

  1. Escolla Formato - Liña e prema no separador Estilos de liña.

  2. Prema no botón Cargar estilos de liña.

  3. Localice o ficheiro que contén os estilos de liña que quere cargar e prema en Aceptar. O ficheiro ten o formato [nomeficheiro].sod.

Para gardar os ficheiros de estilo de liña, prema no botón Gardar estilos de liña, introduza un nome de ficheiro e prema despois en Aceptar.

Para cargar ficheiros de estilos de frecha:

  1. Escolla Formato - Liña e prema no separador Estilos de frecha.

  2. Prema no botón Cargar estilos de frecha.

  3. Localice o ficheiro que contén os estilos de liña que quere cargar e prema en Aceptar. O ficheiro ten o formato [nomeficheiro].sod.

Para gardar os ficheiros de estilo de liña, prema no botón Gardar estilos de liña, introduza un nome de ficheiro e prema despois en Aceptar.

Formato - Liña

Cargar listas de cores, gradacións e trazados

Precisamos da súa axuda!