Utilización de teclas de atallo en LibreOffice Impress

Icona Nota

Algunha tecla de atallo podería estar atribuída ao sistema e non estar dispoñíbel para LibreOffice. Tente atribuír teclas diferentes para LibreOffice, en Ferramentas - Personalizar - Teclas, ou no seu sistema.


Pode utilizar o teclado para acceder a LibreOffice Impress, ou para navegar polo espazo de traballo. LibreOffice Impress utiliza as mesmas teclas de atallo que LibreOffice Draw para crear obxectos de debuxo.

Seleccionar marcadores de posición

Os Deseños automáticos de LibreOffice Impress utilizan marcadores de posición para títulos de diapositivas, texto, e obxectos. Para seleccionar un marcador de posición, prema en Ctrl+Intro. Para moverse seguinte marcador prema novamente en Ctrl+Intro.

Icona Nota

Se preme en Ctrl+Intro despois de atinxir o último marcador de posición dunha diapositiva, insírese unha diapositiva nova despois da actual. A nova diapositiva utiliza o mesmo deseño que a activa.


Para crear e editar un obxecto de debuxo

  1. Prema en F6 para navegar ata a barra Debuxo.

  2. Prema na tecla de frecha Dereita ata alcanzar a icona dunha ferramenta de debuxo.

  3. Se hai unha frecha ao lado da icona, a ferramenta de debuxo abrirá unha barra secundaria. Prema na tecla de frecha cara a arriba ou cara a abaixo para abrir esa barra . A seguir, prema na tecla Dereita ou Esquerda para seleccionar unha icona.

  4. Prema +Intro.

    O obxecto créase no centro do documento.

  5. Para volver ao documento prema +F6.

    Pode usar as teclas de frecha para colocar o obxecto no lugar desexado. Para escoller unha orde do menú de contexto, prema en Maiús+F10.

Para seleccionar un obxecto

  1. Prema +F6 para entrar no documento.

  2. Prema en Tab ata chegar ao obxecto desexado.

Durante as presentacións de diapositivas

Para iniciar unha presentación prema Ctrl+F2 ou F5.

Avanzar á seguinte diapositiva ou efecto de animación

Barra de espazos

Avanzar á seguinte diapositiva sen reproducir efectos de animación do obxecto

+AvPáx

Volver á diapositiva anterior

+RePáx

Ir a unha diapositiva específica

Introduza o número de páxina da diapositiva, e prema despois en Intro.

Deter a presentación de diapositivas

Esc ou -.

Clasificador de diapositivas

Ao entrar por primeira vez no clasificador de diapositivas, prema en Intro para modificar o foco. Caso contrario, prema en F6 para navegar ata espazo de traballo e, a seguir, prema en Intro.

Seleccionar e cancelar a selección de diapositivas

Use as teclas de frecha para navegar ata a diapositiva que quere seleccionar e despois prema na Barra de espazos. Se quere engadir diapositiva(s) á selección, use as teclas de frecha para navegar ata a(s) diapositiva(s) que quere engadir e prema en Barra de espazos novamente. Para cancelar a selección dunha diapositiva, navegue ata a diapositiva e prema desois en Barra de espazos.

Copiar diapositivas:

  1. Utilice as teclas de frecha para navegar ata diapositiva que quere copiar, e despois prema en Ctrl+C.

  2. Vaia á diapositiva en que quere pegar a diapositiva copiada e prema despois en Ctrl+V.

Mover diapositivas:

  1. Use as teclas de frecha para navegar ata a diapositiva que quere copiar e prema en Ctrl+X.

  2. Navegue ata a diapositiva onde quere mover a diapositiva, e prema despois en Ctrl+V.

  3. Seleccione Antes ou Despois da diapositiva activa, e prema despois en Aceptar.

Precisamos da súa axuda!