Obxectos 3D
Opens the 3D Objects toolbar. The objects are three dimensional, with depth, illumination, and reflection. Each inserted object initially forms a 3D scene. You can press F3 to enter the scene. For these 3D objects, you can open the 3D Effects dialog to edit the properties.
Obxectos en 3D
Para rotar un obxecto 3D arredor de calquera dos seus tres eixes, prema no obxecto para seleccionalo e, a seguir, prema novamente para que aparezan as agarradoiras de rotación. Arrastre a agarradoira no sentido en que desexa rotar o obxecto.
Cubo
Debuxa un cubo cheo no lugar da diapositiva en que arrastra co rato. Para debuxar un rectángulo 3D, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar
Cubo
Esfera
Debuxa unha esfera chea ao arrastrar co apuntador na diapositiva. Para debuxar unha forma esférica, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Esfera
Cilindro
Debuxa un cilindro baseado nun círculo ao arrastrar co apuntador do rato na diapositiva. Para debuxar un cilindro baseado nunha forma oval, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Cilindro
Cono
Debuxa un cono baseado nun círculo ao arrastrar o apuntador do rato na diapositiva. Para debuxar un cono baseado nunha forma oval, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Cono
Pirámide
Debuxa unha pirámide de base cadrada ao arrastrar o rato na diapositiva. Para debuxar unha pirámide de base rectangular, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar. Para definir un polígono diferente na base da pirámide, abra a caixa de diálogo Efectos 3D e prema no separador Xeometría. Na área Segmentos, introduza o número de lados para o polígono na caixa Horizontal e, a seguir, prema na marca de verificación verde.
Pirámide
Toro
Debuxa un obxecto con forma de anel e baseado nun círculo ao arrastrar co rato na diapositiva. Para debuxar un torus baseado nunha forma oval, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Toro
Cunca
Deseña un obxecto cóncavo baseado nun círculo ao arrastrar o apuntador na diapositiva. Para debuxar unha cunca baseada nunha forma oval, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Cunca
Semicírculo
Debuxa a metade dunha esfera ao arrastrar co rato na diapositiva. Para debuxar a metade dun esferoide, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.
Semiesfera