Application Colors

Define as cores da interface de usuario de LibreOffice. Pode gardar a configuración actual como esquema de cores e cargala posteriormente.

Para acceder a esta orde...

Choose - LibreOffice - Application Colors.


Accesibilidade en LibreOffice

Esquema de cores

Garda e elimina esquemas de cores.

Esquema

Selecciona o esquema de cores que desexa utilizar.

Gardar

Garda a configuración actual como un esquema de cores que máis adiante vostede poderá recargar. O nome engádese á caixa Esquema .

Nome do esquema de cores

Introduza un nome para o esquema de cores.

Eliminar

Elimina o esquema de cores mostrado na caixa Esquema. O esquema predefinido non se pode eliminar.

Esquema

Seleccione as cores para os elementos da interface de usuario.

Para aplicar unha cor a un elemento da interface de usuario, asegúrese de que a caixa de verificación situada diante do nome estea marcada. Limpe a caixa de verificación se desexa ocultar un elemento da interface de usuario.

Icona Nota

Algúns elementos da interface de usuario non poden ocultarse.


Icona Nota

Para aumentar a visibilidade do cursor, se o usuario define a cor do fondo do aplicativo entre un 40% e un 60% de gris, o cursor cambia automaticamente a un 40% de gris.


A configuración automática de cor cambia o elemento da interface de usuario á cor actual do esquema de cores.

A configuración de cor das "ligazóns visitadas" e das "ligazóns non visitadas" só se aplica a documentos creados tras aplicar a configuración.

Precisamos da súa axuda!