Alternar entre os modos inserir e sobrescribir
Co teclado:
Prema Ins para alternar entre os modos sobrescribir e inserir. O modo actual móstrase na barra de estado. O cursor de texto debe activarse na cela ou na liña de entrada.
Co rato:
Prema na área situada na barra de estado onde se indica o modo actual para alternar ao outro modo:
-
INSERIR
Actívase o modo inserir e o cursor de texto é unha liña vertical intermitente. Prema na área para activar o modo substituír.
-
SOBRE
Actívase o modo sobrescribir e o cursor de texto é un bloque intermitente. Prema na área para activar o modo inserir.