Aceptar ou rexeitar cambios
dispoñíbel en LibreOffice para documentos de texto e follas de cálculo.
Nos documentos de texto de Writer tamén se poden aceptar ou rexeitar cambios escollendo ordes do menú de contexto.
Se está a editar un documento que contén cambios realizados por outras persoas, pode aceptalos ou rexeitalos individualmente ou en conxunto.
-
Se puxo en circulación moitas copias do documento, combíneas nun só documento (vexa Combinar versións).
-
Open the document and choose Edit - Track Changes - Manage. The Manage Changes dialog appears.
-
Seleccione o cambio no separador Lista. Ese cambio selecciónase e móstrase no documento e pode decidir premendo nun dos botóns.
Se un autor modificou os cambios doutro autor, verá que se organizan xerarquicamente e cun signo máis para despregalos.
Se a lista de cambios é demasiado longa pode ir ao separador Filtro e especificar que só desexa ver os cambios de certos autores, os de datas anteriores, ou que quere restrinxir a lista doutra forma.
O filtro definido mostra os resultados con entradas codificadas en cores. As entradas en negro poden aceptarse ou rexeitarse e cumpren os criterios do filtro. As entradas en azul non cumpren os criterios do filtro, mais conteñen subentradas incluídas por el. As entradas en gris non poden aceptarse nin rexeitarse e tampouco cumpren os criterios do filtro. As entradas en verde si cumpren o filtro, mais non poden aceptarse nin rexeitarse.