Rexistrar e visualizar cambios

Icona Nota

dispoñíbel en LibreOffice para documentos de texto e follas de cálculo.


Cando traballan varias persoas no mesmo texto ou folla de cálculo a función de revisión rexistra e mostra o nome do autor dos diversos cambios. Na edición final do documento pódense avaliar individualmente e decidir se aceptalos ou rexeitalos.

Por exemplo: Imaxine que é un editor que vai entregar o seu último informe. O editor xefe e o revisor len ese informe antes da súa publicación e ambos engaden cambios. O editor xefe escribe "clarificar" nun parágrafo e elimina outro por completo. O revisor corrixe a ortografía.

Devólvenlle o informe e debe decidir se incorporar ou ignorar as súas suxestións.

Fagamos de conta que enviou por correo electrónico unha copia do informe a un colega que investigou no pasado sobre un tema semellante, polo que lle pide algúns consellos.

Como todos os seus colegas e xefes traballan con LibreOffice, pode construír a versión final do informe baseándose nas correccións e consellos que recibiu.

Rexistrar cambios

Aceptar ou rexeitar cambios

Comparar versións de documentos

Combinar versións

Xestión de versións

Protecting Changes

Precisamos da súa axuda!