Ferramenta de informe de erros

The Error Report Tool starts automatically when a program crash occurs.

A ferramenta de informe de erros reúne toda a información necesaria para axudar aos programadores na mellora do código, e así evitar eses erros nas futuras versións. Axúdenos a mellorar o software enviándonos o informe de erros xerado.

Iniciar a ferramenta de informe de erros

With most program crashes the Error Report Tool will start automatically.

Completar o informe

Na caixa de diálogo principal da ferramenta de informe de erros pode introducir información adicional que pode axudar aos nosos programadores a localizar o erro. Por exemplo, se o erro só aparece despois dun cambio no contorno de hardware ou de software, ou se premeu nun botón, inclúa esa información.

Enviar informe de erros por correo electrónico

A ferramenta de informe de erros utiliza o protocolo HTTP PUT / SOAP para enviar os datos do informe. Pode introducir un texto descritivo que nos axudará a identificar o contexto da falla do programa . A continuación prema o botón Enviar.

Icona Aviso

Non recibirá ningunha resposta ao seu informe de erros. Se necesita soporte, visite o foro de soporte na internet.


Pode optar por responder ás perguntas dos programadores acerca do erro. Marque a caixa de verificación correspondente para que poidamos pornos en contacto con vostede por correo electrónico no caso de ser necesaria máis información. Esa caixa non está marcada por defecto e por tanto non recibirá ningún correo electrónico noso se non o desexa.

Que datos son enviados?

O informe de erros consiste en varios ficheiros. O principal contén información sobre o tipo de erro, nome e versión do sistema operativo, uso da memoria e a descrición fornecida. Pode premer no botón Mostrar informe na caixa de diálogo principal da ferramenta de informe de erros para ver o que se enviará no ficheiro principal.

Alén disto, o contido relevante da memoria e os rastros da pila reúnense mediante algunhas ferramentas estándar do sistema ('dbhhelp.dll' nos sistemas Windows; 'pstack' nos sistemas UNIX). Esta información tamén se envía.

Precisamos da súa axuda!