Traballar con consultas

Se accede con frecuencia a un só subconxunto dos seus datos facilmente definíbel mediante unha condición de filtro, pode crear unha consulta. Consiste basicamente nun nome para a nova visualización nos datos filtrados. Pode abrir a consulta e ver os datos presentes no deseño de táboa que definiu.

Crear consultas co Asistente de consultas

En LibreOffice pode crear consultas co Asistente de consultas:

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear a consulta.

  2. No panel esquerdo da xanela de base de datos, prema na icona Consultas.

  3. Prema Usar o asistente para crear unha consulta.

Crear unha consulta en visualización de deseño

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear a consulta.

  2. No panel esquerdo da xanela de base de datos, prema na icona Consultas.

  3. Prema Crear unha consulta en visualización de deseño.

Aparecerá a xanela Deseño de consulta.

Precisamos da súa axuda!